Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia : seis años consecutivos aumentando las afiliaciones a la Seguridad Social

GALICIA INCREMENTA AS AFILIACIÓNS 
POR SEXTO ANO CONSECUTIVO E PECHA 
2019 POR RIBA DO MILLÓN DE COTIZANTES 
Á SEGURIDADE SOCIAL.

Reduce o paro a niveis inferiores aos de 2008 e suma dez meses superando o millón de afiliados
A Comunidade diminúe o desemprego nun 2,36% -3987 parados menos- no último ano e sitúase como a quinta rexión na que máis descende.
A nivel intermensual Galicia logra, por terceira vez en toda a serie histórica, un descenso do paro nun mes de decembro, que se reduciu nun 0,21% con respecto a novembro.
As afiliacións á Seguridade Social medran nos últimos doce meses un 1,41%, sumando 14.152 cotizantes ata chegar a 1.020.259.
No que vai de lexislatura creáronse 47.372 postos de traballo, case 40 ao día.
Toca destaca que o Goberno galego segue traballando para cumprir os obxectivos da Axenda 20 cun Orzamento en 2020 que aumenta nun 4,8% ata superar os 260M€ para contar cunha Galicia máis preparada.

A secretaria xeral de Emprego, Covadonga Toca, valorou hoxe os datos do paro, que no último ano baixou en  3987 persoas, é dicir, un 2,36% menos que en decembro de 2018, o que sitúa á Comunidade como a quinta na que máis descende o desemprego, mellorando a media estatal, que foi de -1,21%. No que respecta ás afiliacións, medran por sexto ano consecutivo (2014-2019) e, ao igual que en 2018, péchase o exercicio por riba do millón de afiliados.

A Comunidade Autónoma sitúase a niveis de paro inferiores aos de antes de 2008, sumando xa sete anos de baixadas consecutivas, desde decembro de 2013. Neste tempo a cifra de paro descendeu en máis de 113.000 desempregados, é dicir, 2 de cada 5 parados abandonaron as listas do paro neste período. 

A secretaria xeral de Emprego destacou que, de xeito intermensual, Galicia logrou, por terceira vez en toda a serie histórica, un descenso do desemprego en decembro que se situou nun -0,21% con respecto ao mes de novembro, o que supón que 351 persoas saíron das listas do paro.

En canto ás afiliacións, Galicia suma dez meses por riba do millón de cotizantes á Seguridade Social. En concreto, nos últimos doce meses, medraron un 1,41% sumando 14.152 afiliados -o que supón unha media de 39 ao día- ata chegar á cifra de 1.020.259. No que vai de lexislatura (na comparativa entre setembro de 2016 e decembro de 2019), creáronse en Galicia 47.372 postos de traballo, unha media diaria de case 40.

O paro baixa nas catro provincias galegas: Ourense (-3,87%), Pontevedra (-3,26%), 
A Coruña (-1,42%) e Lugo (-0,70%) e nas sete grandes cidades, agás A Coruña, onde sobe un 0,74%. Descende tamén en todos os sectores, liderando esta caída a construción cun 
-5,87% menos de paro, seguida pola industria, cun -5,66%. O desemprego redúcese nos colectivos prioritarios.


Aposta polo emprego de calidade
Toca salientou que, como mostra do compromiso do Goberno galego coa creación de postos de traballo de calidade, xa se aprobaron máis de 60 millóns de euros, por anticipado de gasto, para programas de emprego que se desenvolverán este ano relacionados co impulso do emprego local; coas Unidades Formativas para desempregados; coas medidas para os autónomos ou para iniciativas de Economía Social. 

Estes orzamentos e programas iranse ampliando ata os máis de 260 millóns que se dedicarán este ano para contar cunha Galicia máis preparada.

Covadonga Toca




Ad Code

Responsive Advertisement