Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia : más empresas familiares podrán beneficiarse de las rebajas fiscales de la Xunta

Feijóo lembra que as empresas tamén se poden beneficiar doutras medidas como a Lei de fomento de iniciativas empresarias, os programas Galicia Exporta, as axudas para a transformación cara a Industria 4.0 ou as axudas a autónomos ///Salienta a traxectoria do grupo Pérez Rumbao, que desmente calquera crenza de que as empresas familiares son sociedades pequenas e pechadas en si mesmas que operan nun contexto limitado
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apostou hoxe por unha Galicia que se inspire nas empresas familiares e lembrou as novas rebaixas fiscais que entran en vigor desde o un de xaneiro deste ano.
Sobre este segundo punto, Feijóo referiuse especialmente á ampliación ao acceso ás reducións xa existentes para favorecer a sucesión das empresas que permanecen dentro do ámbito familiar. E salientou que a esta dedución fiscal súmanse outras medidas xa postas en marcha como a Lei de fomento de iniciativas empresarias; os programas de internacionalización Galicia Exporta, que este ano contan con máis de 11 millóns para que 1.200 pemes poidan acceder e medrar nos mercados internacionais nos próximos dous anos; as axudas para a transformación cara o modelo da Industria 4.0, aprobada neste mes de xaneiro e cunha achega de 67 millóns de euros; e as axudas a autónomos aprobada no Consello da Xunta deste mañá, cun orzamento de 24,5 millóns, para axudar as persoas que traballan por conta propia a consolidar os seus negocios, crear emprego e conciliar a vida familiar e laboral.

Unha Galicia inspirada nos valores da empresa familiar 
Durante o acto de entrega do XIII Premio Familia Empresaria de Galicia da Asociación Galega da Empresa Familiar, Feijóo aseverou que o Goberno galego seguirá traballando tendo como referencia os valores que inspiran ás empresas familiares. Apostando por un crecemento que beneficie a todos galegos e pola implicación e o compromiso por deixar a mellor Galicia posible ás vindeiras xeracións.
Nesta liña, destacou a traxectoria do grupo Pérez Rumbao, fundado por José Ramón Pérez Cid e Ramón Pérez Rumbao en 1920 e dirixido na actualidade pola cuarta xeración desta familia. 
“Estamos a falar dun grupo que opera no sector da automoción en Galicia e Portugal e na actualidade é líder na distribución de automóbiles e vehículos industriais, cunha facturación de preto de 400 millóns de euros, a través de máis de 30 empresas que integran este grupo conformado por 1.500 traballadores”, salientou, incidindo en que estes datos desmenten calquera crenza de que as empresas familiares son, per se, sociedades pequenas e pechadas en si mesmas que operan nun contexto limitado. Non en van, o 80% da súa actividade industrial destínase á exportación, chegando a países como Australia e Xapón.
Outras rebaixas fiscais 
O presidente da Xunta aproveitou o acto para destacar tamén outras rebaixas fiscais que entraron en vigor o pasado 1 de xaneiro e que beneficiarán aos galegos en xeral, como son: a rebaixa do Imposto de Sucesións, co que todas as herdanzas de ata un millón de euros por herdeiro –sen contar a vivenda habitual- quedan libres de tributación; e a posta en marcha da dedución verde no IRPF, que permite bonificar ata o 15% das actuacións en vivendas para mellorar a eficiencia enerxética.
Neste mesma liña, resaltou que, desde este mesmo, aplícase unha rebaixa no imposto pola compra dunha vivenda usada en 3.459 parroquias consideradas zonas pouco poboadas pero que, pola contra, representan o 94% do territorio galego. Deste xeito, en todas elas redúcese o Imposto de Transmisións Patrimoniais: do 7% ao 5% no caso de compra de vivenda habitual; e do 10% ao 6% para o resto de compras de vivenda.
Logo de subliñar que estas rebaixas súmanse ás aprobadas polo Goberno galego en 2016, a maior baixada de impostos da historia da autonomía, Feijóo referiuse, a modo de exemplo, aos datos destes últimos catro anos que demostran que as medidas adoptadas están a ter un efecto importante sobre as familias galegas. Así,  máis de 370.000 galegos recibiron unha herdanza desde 2016 e non pagaron nin un euro do imposto sobre sucesións; preto de 66.500 beneficiáronse desde 2016 do Programa de Impostos Cero no Rural; e máis de 3.500 galegos adquiriron desde 2017 unha vivenda no rural galego e non pagaron nin un euro á Xunta. 

Núñez Feijóo



Ad Code

Responsive Advertisement