Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

El PP anuncia su boicot a la "obsoleta" Mancomunidade de Vigo (de Abel Caballero)

O Partido Popular aposta por unha área metropolitana con servizos e non por unha Mancomunidade sen contido.  Os concelleiros do PP non participarán no Pleno da Mancomunidade, unha convocatoria que evidencia o fracaso de Caballero para liderar un organismo potente e operativo.  O PP considera que se trata dun órgano totalmente superado e que debe ser substituído por unha área metropolitana que inclúa o transporte entre os seus servizos

Os concelleiros do Partido Popular representantes na Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo non participarán no Pleno da Mancomunidade que terá lugar hoxe, 13 de xaneiro. O motivo desta ausencia non é outro que o de que o Partido Popular considera que a Mancomunidade é un organismo totalmente superado. Así, o Partido Popular aposta por unha Área Metropolitana funcional, "que dea servizos aos cidadáns, na que se inclúa o transporte metropolitano que é un dereito da cidadanía da área e unha obriga legal...", refere un portavoz. 
"A Área Metropolitana é a base na que se deben asentar os concellos. Non deben facelo nun organismo obsoleto sen apenas movemento. O Partido Popular non entende estes plenos que carecen de contido e que non serven máis que para o autobombo persoal de Abel Caballero. De feito, constitúen unha evidencia do fracaso do alcalde de Vigo para liderar un organismo potente e operativo. A negativa de Abel Caballero a participar no transporte metropolitano, á diferenza do resto das cidades galegas, gobernadas por toda clase de cores políticas, mantén paralizada á área, sen ningún outro motivo que a confrontación política coa Xunta de Galicia. Esta decisión prexudica sobre todo aos veciños e veciñas de Vigo e de toda a área, que pagan dobremente o custe deste servizo e que non poden acceder aos beneficios do programa que si teñen outras cidades galegas", concluen os do PP no seu posicionamento público.

Abel Caballero y el PP, una batalla eterna...


Ad Code

Responsive Advertisement