Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) asume un papel destacado na realización dun exercicio de rescate en montaña, que tivo lugar na localidade portuguesa de Mogadouro

A XUNTA PARTICIPA EN PORTUGAL NUN SIMULACRO INTERNACIONAL DE RESCATE EN ZONAS ILLADAS E DIFÍCIL ACCESO   

A través da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), o Goberno galego asume un papel destacado na realización dun exercicio de rescate en montaña, que tivo lugar na localidade portuguesa de Mogadouro e que contou coa colaboración de equipos de emerxencias do Norte de Portugal e Castela e León
Esta actuación enmárcase no proxecto europeo ARIEM+, que centra a cooperación fronteiriza en materia de emerxencias na loita contra o cambio climático

A Xunta de Galicia especialízase na resposta ante os principais riscos naturais mediante a participación da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) nun simulacro internacional de rescate en zonas illadas e de difícil acceso. 

Esta actuación desenvolveuse na localidade portuguesa de Mogadouro, no distrito de Bragança, e consistiu na suposta busca e rescate de dúas persoas que practicaban escalada e sendeirismo, respectivamente. Un exercicio enmarcado no proxecto europeo ARIEM+, que centra a cooperación fronteiriza en materia de emerxencias na prevención dos riscos naturais provocados polo clima e as actividades humanas, así como na definición de medidas de adaptación e mitigación dos efectos do cambio climático.

Deste xeito, esta xornada formativa e de capacitación dos equipos de resposta ante as emerxencias reuniu no país veciño a membros da Axencia Galega de Emerxencias, axentes do Grupo de Rescate Espeolóxico e de Montaña da Garda Civil e do Grupo de Intervención Protección e Socorro de la Garda Nacional Republicana, a Unidade Militar de Emerxencias (UME), Bombeiros de Lumbrales de Castela e León e Bombeiros de Mogadouro e Viana do Castelo. En conxunto, afondaron na preparación e anticipación dos organismos de emerxencias aos posibles riscos e ameazas de orixe natural e alimentados por unha situación climática cambiante.

Tamén cobran especial importancia neste contexto aquelas situacións extremas motivadas pola actividade humana, que cómpren por parte dos servizos de emerxencias unha capacitación constante co fin de ampliar as posibilidades e opcións de resposta.


En definitiva, unha actuación que se realiza nun escenario de cooperación e coordinación das autoridades competentes en cada unha das Comunidades autónomas implicadas e no Norte de Portugal co obxectivo final de sumar esforzos e multiplicar os recursos materiais e humanos fronte a unha emerxencia real.     












Ad Code

Responsive Advertisement