Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo, apela á gran virtude da nosa democracia que dá preferencia á convivencia, á estabilidade e ao acordo, fronte aos “inquisidores” que antepoñen a imposición do seu pensamento único

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, apelou hoxe á gran virtude da nosa democracia que dá preferencia, lembrou, á convivencia, á estabilidade e ao acordo, fronte aos “inquisidores” que antepoñen a imposición do seu pensamento único. 

“A gran virtude da nosa democracia sempre foi a capacidade para representar ás maiorías, sen que as minorías se sentisen excluídas. Cometeríamos un grave erro se nos deixásemos levar por falsos mesías que pretender ocupar a actualidade e os debates ofrecendo solucións fáciles a problemas complexos”, dixo, aseverando que “á España de hoxe sóbranlle frívolos sectarios e fáltanlle consensos sobre as cousas esenciais”.

Nesta liña, referiuse ao Premio José Luís Alvite como exemplo do xornalismo sereno e edificante, que lle preocupa máis a verdade que a polémica e construír que destruír. Así, afirmou que o galardoado desta cuarta edición, Carlos Luís Rodríguez, sabe e demostra nos seus artigos que se poden analizar as cousas serenamente e sen espaventos; que se pode reprender sen ofender; que se pode rebater unha afirmación sen desprender rancor; e que se pode ser contundente sen ser insolente. 

“Subirse a bordo dos seus artigos é máis parecido a estar nunha balsa de auga que no medio dunha axitada tormenta. E non porque o fondo do que escribe guste sempre, senón porque o que si ocorre o cen por cen das veces é que un se sente representado nun estilo tranquilo que tanta falta fai”, abundou.


Feijóo concluíu facendo fincapé que no fondo, ese labor é común a medios de comunicación e política. “Desde as nosas respectivas responsabilidades, temos a obriga de que frutifique a demanda da maioría cidadá, que segue a ser a convivencia. Xornalistas e políticos estamos unidos na responsabilidade de oír esa demanda e de darlle resposta”, sinalou.



Ad Code

Responsive Advertisement