Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo anuncia 22 M€ para a mellora de centros educativos, 1,3 M€ para reforzar o Plan de Fomento da Educación Dixital e 3M€ para mellorar a reacción contra os incendios forestais

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe a aprobación, no Consello da Xunta, dun anticipo de tesourería de 26 millóns de euros para axilizar a licitación de obras con cargo ao superávit de 2018, incluídos no proxecto de Lei de reforzo de actuacións prioritarias, aprobado a semana pasada. Feijóo incidiu en que se busca “gastar o diñeiro de Galicia nos servizos públicos de Galicia”. 
Feijóo detallou que, por unha banda, destinaranse preto de 22 millóns de euros á Consellería de Educación co fin de realizar obras de mellora de instalacións educativas. En concreto, acometeranse actuacións en 22 colexios e institutos públicos. Estas actuacións deben ser licitadas de forma inmediata para que as obras poidan ser executadas entre os meses de xullo e agosto.
Por outra banda, destinaranse 1,3 millóns de euros para anticipar crédito para a Amtega para reforzar o Plan de fomento da educación dixital, ao que está previsto destinar un investimento global de 6,3 millóns de euros.
Por último, a Consellería de Medio Rural disporá de 3 millóns de euros para actuacións de defensa do monte para mellorar a operatividade do Servizo de prevención e defensa contra os incendios. 
O presidente da Xunta lembrou que dos 130 millóns de euros de superávit de 2018, 96 millóns estarán recollidos expresamente na Lei de reforzo de actuacións prioritarias e investiranse 48 millóns de euros este ano e outros 48 millóns en 2020. Os restantes 34 millóns de euros gastaranse a través de maior dotación orzamentaria a través da Sociedade Pública de Investimentos. 








Ad Code

Responsive Advertisement