Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade adxudica as obras da nova estación de autobuses intermodal de Vigo, cun investimento de máis de 12,5 millóns de euros.
Este contrato, adxudicado á UTE Comsa, S.A.U.-Ogmios Proyecto S.L., inclúe a nova estación de autobuses e a parte dos accesos e dos túneles que chegan ata a mesma, e contan cun prazo de execución total de 18 meses, desde o seu inicio.
As actuacións enmárcanse no conxunto intermodal planificado en Urzáiz, composto pola estación de ferrocarril, o centro comercial, a nova terminal de autobuses e os accesos ao complexo. 
A tramitación do proxecto fíxose ao abeiro da Lei 3/2016 para proxectos públicos de urxencia ou excepcional interese e é o que permite licitar as obras da nova estación de autobuses e os accesos, así como o recente inicio da execución do Centro Vialia.
A Xunta, o Concello de Vigo e o Adif traballan coordinadamente no desenvolvemento da estación intermodal, que debe sincronizar a execución da terminal de autobuses coa do Centro Vialia e dos accesos, que financian conxuntamente as tres administracións.
A nova estación de autobuses intermodal conta ademais co co financiamento dos Fondos FEDER Galicia 2014-2020.

A execución da estación de autobuses ao carón do centro Vialia e da estación de ferrocarril permitiralles aos usuarios o cambio de transporte dun xeito máis rápido e cómodo, a través dunha zona habilitada especialmente, adaptada para as persoas con mobilidade reducida.



Ad Code

Responsive Advertisement