Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia : case 5.000 o número de edificacións que se verán afectadas, integra ou parcialmente, pola modificación do Regulamento da Lei de Costas que está a tramitar o Goberno do Estado

A Xunta de Galicia cuantificou en case 5.000 o número de edificacións que se verán afectadas, integra ou parcialmente, pola modificación do Regulamento da Lei de Costas que está a tramitar o Goberno do Estado.
Esta é unha das conclusións que a Xunta vén de trasladar aos membros da Federación  Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) nunha reunión celebrada esta mañá na que participaron as conselleiras de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, e o vicepresidente primeiro, Alfonso Villares Bermúdez, en representación da Fegamp. 
A conselleira sinalou que ao longo deste días a Xunta iniciou un traballo polo miúdo para coñecer a afección desta modificación nos 80 concellos costeiros de Galicia, é dicir, nos 2.500 quilómetros de costa que ten Galicia. 

Explicou que o Instituto de Estudos do Territorio, identificou en Galicia existen un total de 4.934 edificacións que están integra ou parcialmente en zona de Dominio Público Marítimo Terrestre; entre as que se atopan non só empresas, senón tamén depuradoras, colexios, escolas infantís; polo que defendeu a necesidade e urxencia de que a Fegamp traslade esta información ás entidades municipais para advertilos da posible incidencia nos seus territorios. 
Argumentou que -a pesar de que xa non se poden presentar alegacións- aínda hai tempo para frear esta situación e non seguir adiante coa modificación que plantexa o Ministerio de Transición Ecolóxica; sobre todo porque o prexuízo para Galicia é moito e vai máis alá do económico, xa que tamén hai un prexuízo sanitario, social e educativo.

Ambas conselleiras destacaron que a Xunta quere ir da man dos concellos, que deben saber e ser coñecedores de ata onde pode afectar a modificación do Regulamento no seu concello. Indicaron que esta actitude contrasta coa do Goberno do Estado que deron a calada por resposta á demanda da Xunta de ampliar o prazo para a presentación de alegacións a un cambio normativo que contravén unha norma con rango de lei.
Pola súa banda, a conselleira do Mar indicou que o seu departamento segue a traballar para coñecer ao detalle o alcance e o impacto no tecido empresarial galego, aínda que xa temos a firmeza de que afectan a 100 empresas vinculadas á cadea mar-industria (depuradora, cetáreas a fábricas de conservas...)

Rosa Quintana indicou que a redacción da modificación do Regulamento non é o suficientemente clara, polo que non se coñece o impacto real; pois tamén se poderán ver afectados os parques de cultivo e as bateas. 
Recordou que o ano pasado -coincidindo co feito de que a Lei de 2013 que permitía outorgar concesións de ata un máximo de 50 anos- o seu departamento aproveitou a lei de acompañamento de presupostos para dar a posibilidade de que todos os titulares de establecementos de acuicultura se puidera beneficiar de dita prórroga dos 50 anos. Na actualidade, a Consellería do Mar está a revisar de oficio todas as concesións para determinar si se pode outorgar dita prórroga. Aclarou que coa nova redacción do Regulamento, “non se sabe si estas se poden dar ou non”.

Nese sentido, sinalou que o impacto real que hoxe se coñece é sobre 100 empresas, que están ubicadas (total ou parcialmente) en DPMT, xa sexa porque teñen un paso por esta zona ou porque pasan as súas tubaxes; ou -se pola contra- esta modificación tamén afectará aos períodos máximos de concesión dos parques de cultivos, que só na zona de Carril se identifican 1.600 parques de cultivo, e das bateas, polo que tamén poderían estar afectadas 3.500 explotacións.
Por último, recordaron que a Xunta presentou alegacións á modificación, que -en opinión de Vázquez Mejuto- se tramita a toda presa, pola porta de atrás e sen contar coas comunidades autónomas, para xustificar a súa postura sobre o allanamento de Ence. 




Ad Code

Responsive Advertisement