Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Feijóo di que ata os que teñen carné e cargos en C´s e VOX deberían votar ao PP no Senado para que haxa unha maioría que apoie o 155

O presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, subliñou, durante un mitin en Ourense, que ata os que teñen carné e cargos en Ciudadanos e VOX deberían votar ao Partido Popular no Senado para que haxa unha maioría que apoie o 155. Neste senso e segundo apuntou, os votos a estes partidos non rivalizan con Pedro Sánchez, senón que lle benefician. 
Advertiu que, do mesmo xeito que dividir o voto nas urnas para o Congreso é arriscado e prexudicial, dividilo para o Senado é directamente contraproducente. Tal e como explicou, se o voto de centro e dereita se divide en tres na Cámara Alta, Pedro Sánchez multiplicará por tres os seus senadores, é dicir, que “votar a Ciudadanos ou VOX é regalarlle senadores directamente a Pedro Sánchez”. Así, o líder do PPdeG sinalou que estas dúas formacións non falan con honestidade aos seus votantes, xa que non lles din que se non se vota aos candidatos do Partido Popular está en risco a maioría de centro-dereita na Cámara Alta: “Pedir o voto para o 155 e non pedilo para o PP é unha falacia, porque sen maioría non se poderá facer nada”.
Así mesmo, dixo que só hai un modo de evitar a un Pedro Sánchez que trata de ser presidente a toda costa: unindo o voto no Partido Popular; e que deste xeito, tamén, “teremos o Goberno que queremos os galegos e teremos un Goberno que queira aos galegos”. Por iso, avogou porque a maioría ampla de españois que quere responsabilidade, menos impostos, máis xestión, máis oportunidades e máis emprego e que prefire un Goberno que se deba a todos e non aos que queren que a España lle vaia mal, se una nas urnas: “Non sumemos máis incertezas dividíndonos, unámonos no valor seguro para España que é o Partido Popular”. 

“PP SÓ HAI UN”
Por outra banda, Feijóo referiuse aos debates para incidir en que, aínda que se celebren trinta máis, nin os españois deixarán de recordar por que sempre rexeitaron a Pedro Sánchez nas urnas; nin tampouco Pedro Sánchez nin Ciudadanos nin Podemos nin ningún outro partido “acadará ter a solidez do proxecto, os equipos, a xestión, o compromiso con Galicia e a folla de servizos a España que ten o Partido Popular”, porque, tal e como sostivo, “PP só hai un”. 

Para rematar, Feijóo recalcou que o próximo domingo o voto ten que ser máis útil que nunca para que haxa un partido e un presidente aos que lles importe Galicia e España.















Ad Code

Responsive Advertisement