Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

A modificación do regulamento da Lei de Costas, que pretende levar a cabo o Goberno do Estado, deixa en situación de perigo e inseguridade xurídica a empresas e equipamentos públicos

A Xunta de Galicia alerta de que a modificación do regulamento da Lei de Costas, que pretende levar a cabo o Goberno do Estado, deixa en situación de perigo e inseguridade xurídica a empresas e equipamentos públicos que na actualidade se sitúan en Dominio Público Marítimo Terrestre.

As conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e do Mar, Rosa Quintana, mantiveron esta mañá unha reunión con responsables da empresa Mariscos Joyfra, onde tamén participou o presidente de Asociación Galega de Depuradores (Agade), Roberto Fariña; onde denunciaron a actuación do Goberno central que está a tramitar “pola porta de atrás e de xeito arbitrario” unha modificación do regulamento de Costas de 2014. 

A conselleira de Medio Ambiente explicou que o Ministerio para a Transición Ecolóxica iniciou unha modificación do regulamento que contravén o previsto nunha norma con rango de lei (a Lei 2/2013, do 29 de maio, para as concesións de ocupación de dominio público marítimo-terrestre, así como as concesións para o seu outorgamento), ao pretender que o prazo concesional extraordinario establecido en 75 anos deberá contabilizarse desde o prazo inicial da concesión, e non desde o ano no que foi tramitada a renovación da mesma.

Recordou que a Lei, na súa exposición de motivos, recolle que a natureza da prórroga excepcional é dar resposta á extinción das concesións que expiraron en 2018; polo que con carácter xeral, o prazo máximo desta prórroga extraordinaria fixouse en 75 anos para facela coincidir co novo prazo máximo que se poderá outorgar as concesións, na procura de estabilizar dereitos nun prazo temporal semellante.

Lamentou que o Estado empregue esta “manobra” para intentar xustificar decisións como allanarse nos procedementos abertos en relación á prórroga de Ence, pois non só afecta á pasteira; senón que pon en perigo a moitas outras empresas que día a día traballan en Galicia, como son as conserveiras, industrias, e tamén aos equipamentos públicos, como centros educativos e de saúde, depuradoras...

Ángeles Vázquez defendeu que é deber dun Goberno responsable denunciar o xeito no que se está a tramitar esta modificación, pois só da sete días hábiles para presentar alegacións e reduce a dez días naturais o período de información pública. Indicou que xa se ten solicitado a ampliación do prazo para a presentación de alegacións, que debería ser dun mes ou de 15 días no caso de xustificar a urxencia; cuestión que o Goberno non acreditou.

Argumentou que esta redución “sen xustificación” non permiten aos interesados intervir ou opinar nun procedementos que afecta a un número importante de empresas e que xeran unha cantidade significativa de postos de traballo.

Pola súa banda, a conselleira do Mar, Rosa Quintana, lamentou que a modificación do regulamento xeral de Costas pode deixar nunha situación de inseguridade xurídica a máis de 100 empresas galegas, entre conserveiras, instalacións de acuicultura e depuradoras e cocedoiros de moluscos. Para evitalo, apostou porque no prazo máximo de duración das concesións se teñan en conta unicamente as prórrogas e incidiu en que non ten sentido volver revisar as concesións iniciais cando se tramita a súa prórroga. Ao mesmo tempo, advertiu de que sacar certas actividades do dominio público marítimo-terrestre pode facelas non rendibles e, polo tanto, inviables. 

A conselleira de Medio Ambiente avanzou que o Goberno galego xa presentou alegacións de xeito conxunto e unido, para defender o principio de seguridade xurídica. Nese sentido, solicítase que se manteñan os criterios e condicións que se tiveron en conta no momento de outorgar as concesións de ocupación en dominio público marítimo terrestre.

A titular de Mar reiterou que a Xunta defende ante todo o principio de seguridade xurídica para que os afectados non dependan de cambios arbitrarios na lexislación que poden poñer en risco a súa actividade. Por iso, insistiu na necesidade de definir un escenario “claro e preciso” no que as empresas e entidades asociativas de produtores do sector poidan continuar coa súa actividade con normalidade.


Ambas conselleiras sinalaron que non se pode xogar coas concesións, estamos ante empresas que cumpren coa lei e a modificación que pretende o Goberno -”un cambio arbitrario e que vai en contra da Lei de Costas de 2013 e vixente actual mente”, aclararon- implicará fortes impactos económicos na Comunidade, non só nas 5.000 familias que directa ou indirectamente dependen de Ence, senón tamén daqueles que operan en dominio público.




Ad Code

Responsive Advertisement