Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Galicia pechou o exercicio 2018 con superávit contable, o que supón a primeira vez en 16 anos que a Administración galega remata o exercicio sen déficit

O Ministerio de Facenda ratificou hoxe que a Comunidade Autónoma de Galicia pechou o exercicio 2018 con superávit contable, o que supón a primeira vez en 16 anos que a Administración galega remata o exercicio sen déficit, segundo as cifras publicadas hoxe pola Intervención Xeral do Estado.
Tal como avanzara a Xunta xa no mes de febreiro, Galicia no exercicio 2018 non só cumpriu o obxectivo de déficit público –que era do 0,4%-, senón que rematou o exercicio con superávit contable. 
O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, explicou hoxe que a Xunta considera que a estimación realizada pola Consellería de Facenda –un superávit contable de 125 millóns de euros- é correcta, aínda que a discrepancia respecto da cifra avanzada polo Ministerio -104 millóns- é habitual neste tipo de cálculos de contabilidade nacional.
En todo caso, o conselleiro destacou que, tal como viña demandando a Xunta de Galicia, o Goberno central anunciou hoxe que rectifica e que si permitirá ás comunidades autónomas cumpridoras reinvestir o superávit contable de 2018 neste exercicio. Isto supón un cambio de criterio, xa que no proxecto de orzamentos do Estado para 2019 só recollía esta opción para as entidades locais pero non para as comunidades autónomas, como si era posible no ano 2018.
Segundo os datos publicados hoxe polo Ministerio de Facenda, Galicia é unha das cinco comunidades autónomas que rematou o exercicio 2018 con superávit contable, xunto a Asturias, Canarias e as dúas comunidades de réxime foral (País Vasco e Navarra).


Ad Code

Responsive Advertisement