Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Xunta y sector maderero constituyen en Pontevedra un grupo de seguimiento de la plaga del nemátodo del pino

Os directores xerais de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros –ambos da Consellería do Medio Rural– e o director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, José Ignacio Lema, presidiron hoxe a constitución do grupo provincial de seguimento do nemátodo do piñeiro en Pontevedra. 
A creación deste grupo foi acordada na última xuntanza do Consello Forestal de Galicia e ten como obxectivo avanzar sobre o terreo nos traballos de control e loita contra este organismo de corentena, nos que están involucrados, ademais da Xunta, representantes do sector. 
Así, neste grupo participan tamén responsables da Asociación Forestal de Galicia, da asociación Monte-Industria e da Federación Empresarial de Aserradores e Rematantes de Madeiras de Galicia (Fearmaga). Tamén forman parte del a Asociación de Rematantes e Serradoiros de Pontevedra, a Asociación Sectorial Forestal Galega (Asefoga) e a Organización Galega de Comunidades de Montes Veciñais en Man Común. Así mesmo, tamén asistiu outro persoal da Consellería do Medio Rural en Pontevedra, encabezado polo seu xefe territorial, Antonio Crespo, e representantes dos distritos forestais da provincia.

Neste encontro, celebrado na Delegación Territorial da Xunta en Pontevedra, analizouse o plan de acción que vén desenvolvendo a Xunta fronte o nemátodo dende 2011, así como os tratamentos de prevención e control nos montes de piñeiro e das operacións levadas a cabo, con estas mesmas finalidades, nos serradoiros e no transporte. Abordouse, tamén a cuestión do intercambio de produtos con Portugal e a colaboración entre a administración e o sector.
Neste sentido, lembrouse aos representantes deste eido produtivo que o movemento de madeira procedente da zona demarcada está permitido sempre que se cumpra coas especificacións da Decisión comunitaria que regula este organismo nos traslados de material sensible á praga desde o monte á instalación de procesado e entre as propias instalacións. Así, a madeira terá que ser sometida previamente a un tratamento térmico e deberá ir acompañada do correspondente pasaporte fitosanitario ou da marca NIMF 15 (Norma Internacional para Medidas Fitosanitarias N° 15) no caso das embalaxes. Outra alternativa é mover esa madeira en forma de estela de menos de tres centímetros. 
Respecto ás talas de pés sintomáticos, cómpre sinalar que a Consellería do Medio Rural, mediante os correspondentes plans de acción, realizou unha corta selectiva –e posterior estelado de árbores secos ou sintomáticos– desde a aparición do primeiro foco no ano 2010 no concello das Neves. Ademais, desde a declaración de sete novos positivos no sur da provincia de Pontevedra, xa se cortaron e destruíron case 800 árbores, é dicir, case 100 m³ de madeira. 
A Xunta está traballando sobre o terreo, a través da identificación de árbores secas e decaídas, en mostraxes, na colocación de trampas de captura do insecto vector e na corta destas árbores naqueles montes xestionados pola Administración galega. Cómpre recordar que nos montes os propietarios teñen de prazo ata o vindeiro 31 de marzo para proceder a estas cortas. 




Ad Code

Responsive Advertisement