Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Xacobeo 21. Galicia se gastará 15,6 millones en mejorar todos los Caminos de Santiago a su paso por el territorio galaico

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, anunciou hoxe na rolda de prensa de Consello a aprobación da que cualificou como a operación “máis ambiciosa” nos últimos anos no Camiño de Santiago ao seu paso por Galicia. Unha inversión de 15,6M€ que permitirá contar cun equipo de actuación permanente que supervise, manteña e repare as Rutas Xacobeas en todo momento.
A este respecto, concretou que serán desde operacións de supervisión programadas ata ocasionais, como a limpeza e sega ou tarefas de carácter preventivo. De igual modo, dixo, poderán resolverse as incidencias que xurdan ou os danos ocasionados por causas climatolóxicas e tamén realizarse actuacións de conservación ordinaria.
Estes investimentos, precisou, beneficiarán a todos os treitos do Camiño, pero nos dous primeiros anos o maior investimento corresponderá ao Camiño Francés, o máis transitado, o ano pasado percorrérono o 57% dos peregrinos.
O presidente da Xunta explicou de igual modo que para todo isto se licitarán 8 contratos de servizo durante os dous próximos anos, ampliables a tres. “Abarcarase unha superficie superior aos 1.250 quilómetros en sendas e estradas de 121 concellos” engadiu.
Os contratos antes referidos establecerán o persoal mínimo co que debe contar cada empresa, tamén os medios de transporte, ferramentas, materiais auxiliares ou maquinaria que garantan a idoneidade dos traballos. Ademais, na súa licitación teranse en conta a organización dos traballos ou a metodoloxía entre outros factores. E, co ánimo de fomentar a sustentabilidade, tamén se valorará positivamente a minimización do uso da auga, o emprego de auga reutilizada, previa depuración, ou os métodos de traballo con menor emisión de ruído ou consumo de enerxía.
Polo tanto, a decisión aprobada hoxe dá continuidade aos importantes investimentos realizados desde o ano 2015 no marco do Plan director do Camiño garantindo o óptimo mantemento dos itinerarios oficiais de cara ao Xacobeo 21. 


Ad Code

Responsive Advertisement