Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Un de cada tres concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia xa conta con axudas para unha casa niño ou casa do maior

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, resaltou hoxe que un de cada tres concellos de menos de 5.000 habitantes de Galicia xa conta con axudas para unha casa niño ou casa do maior. “E seguiremos apostando por estes dous servizos innovadores de cara á vindeira década”, aseverou, co obxectivo de que, en 2020, Galicia conte con 76 casas niño e con 60 casas do maior funcionando a pleno rendemento.
Durante o acto de entrega dos títulos das primeiras 30 Casas do Maior aos alcaldes dos concellos e aos impulsores, Feijóo subliñou que estes servizos compleméntanse cos avances acadados nos últimos dez anos, como a expansión do programa Xantar na casa, que leva o menú diario a máis de 1.300 maiores que viven por toda a xeografía galega; ou o incremento da cobertura do Servizo de Axuda no Fogar, que hoxe apoia xa a máis de 23.000 galegos.

“Pretendemos que hoxe sexa máis doado que nunca facerse maior no noso barrio, na nosa parroquia ou na nosa casa”, dixo, lembrando que, por primeira vez, a Administración autonómica supera as 60.000 persoas dependentes atendidas; “contamos con 7.900 prazas residenciais públicas –case o dobre que hai dez anos- e con 3.000 de centro de día –o triplo que daquela-; e, neste mesmo ano, 19.000 persoas van ver incrementada a súa prestación por dependencia, tanto se contan cun coidador, cun asistente persoal; ou cun apoio económico para pagar unha praza de residencia“.
Ao longo do acto, o titular do Executivo autonómico agradeceu aos impulsores das casas do maior a súa implicación neste proxecto, que contribúe a mellorar a atención ás persoas maiores nos concellos pequenos de Galicia.

O presidente da Xunta concluíu garantindo o compromiso do Goberno galego cun rural dinámico, activo e que coida de si mesmo: apoiando os proxectos empresariais que están a xurdir para crear valor engadido no agro, tanto na gandería como na agricultura e noutros sectores que tradicionalmente non se asociaban co rural; mellorando as posibilidades para coidar os máis pequenos, grazas á creación xa de 61 casas niño, con 305 prazas de atención á infancia de 0 a 3 anos; e con novos centros para coidar as persoas maiores, como son estas casas do maior.



Ad Code

Responsive Advertisement