Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Última hora : la Xunta apoyará lo necesario para que el festival urbano "O Marisquiño" pueda seguir celebrándose en Vigo

Imagen de la reunión
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, mantiveron hoxe unha reunión co director do festival O Marisquiño, Joako Ezpeleta. Nela o Goberno galego expresou o seu compromiso para realizar a achega necesaria que garanta a continuidade da súa celebración en Vigo. 
Como salientou Román Rodríguez, desde a Xunta realizouse “unha proposta xenerosa, na liña do solicitado pola organización, para poder celebrar o festival”. Trátase dunha axuda tanto directa como a través do sistema de patrocinios que, en conxunto, supera a achega da edición anterior.

“Queremos que O Marisquiño se manteña en Vigo e estamos apoiando a súa celebración e cumprindo as expectativas que se nos formularon por parte da empresa organizadora”, declarou o conselleiro, que amosou a súa satisfacción polo entendemento acadado. 
Deste xeito, a Xunta comprométese a ser un importante colaborador deste evento de cultura urbana e deportes extremos e que representa “unha boa oportunidade para Galicia”. O titular de Cultura e Turismo celebrou o entendemento entre a Administración autonómica e os organizadores, que teñen previsto comunicar esta semana a súa decisión sobre o evento.  

O Marisquiño está considerado ¡ o festival de cultura urbana e deportes de acción gratuíto máis importante do sur de Europa. É membro da exclusiva elite de eventos World Cup e un dos poucos do mundo que reúne esta cualificación para tres disciplinas puntuables a nivel internacional: skate, dirt jum y basket 3x3. Trátase dunha cita que reúne durante tres días máis de dez competicións deportivas, así como diferentes eventos culturais como break dance, exhibicións de graffiti, música en directo, etc.
A súa dimensión fai que funcione como un importante escaparate da nosa Comunidade en Europa para a promoción dun turismo cultural e de festivais, xa que o 30% dos asistentes proveñen de fóra de Galicia. Ademais, cómpre destacar que tamén acoden a esta cita campións do mundo en distintas disciplinas que axudan a ofertar en Vigo unha proposta de calidade durante a tempada estival. Neste sentido, e para favorecer unha oferta turística e cultural de calidade en Vigo, o Goberno galego mantivo diversas xuntanzas coa organización ata presentar hoxe este acordo que garanta a supervivencia do festival. 





Ad Code

Responsive Advertisement