Portugal aprueba decreto-ley que regulará allí el Camino de Santiago. La Xunta muestra su profunda satisfacción al respecto y cree que se abre un nuevo tiempo que reforzará el papel del Camino Português

A Consellería de Cultura e Turismo colaborou nos últimos anos co Goberno luso no deseño desta normativa para harmonizala coa xestión realizada en España. Este marco abre unha nova etapa na Ruta Xacobea no país veciño e senta as bases dunha colaboración entre Galicia e Portugal coa vista posta no Xacobeo 2021

A Xunta de Galicia amosa a súa fonda satisfacción logo de que o Conselho de Ministros de Portugal aprobara o decreto-lei que regula a valorización e promoción do Camiño de Santiago, a través da certificación dos seus itinerarios e da creación dun órgano de coordinación nacional na Ruta Xacobea.

O Goberno galego, a través da Consellería de Cultura e Turismo, vén colaborando desde 2015 coas autoridades lusas no impulso desta regulación. De feito, nos dous últimos anos participou nalgunhas das reunións e consultas sobre o borrador do decreto-lei, co obxectivo  de que exista unha harmonización coa xestión que se realiza en Galicia e España ao redor do Camiño de Santiago. De feito, tense asumido como referencia as directrices de sinalización aprobadas polo Executivo español e as comunidades autónomas no Consejo Jacobeo.

O decreto busca definir os criterios comúns aplicables ao recoñecemento oficial do Camiño de Santiago, a súa salvagarda, valorización e promoción. Con este fin, prevese crear a Comissão Executiva do Caminho de Santiago (CECS), como órgano de coordinación no ámbito nacional portugués, así como un Conselho Científico do Caminho de Santiago.

Esta aprobación abre unha nova etapa na xestión do Camiño de Santiago en Portugal e, paralelamente, un novo ámbito de colaboración entre Galicia e Portugal, ampliando o alcance da estreita cooperación mantida entre ambos territorios durante os últimos anos. Neste sentido, o decreto-lei permitirá comezar a traballar conxuntamente en torno á peregrinación a Compostela co obxectivo inmediato da celebración do Xacobeo 2021.

5 millóns de investimento
O Camiño Portugués e o Camiño Portugués da Costa son dous dos itinerarios que están a experimentar unha maior revitalización. De feito, en 2018 foron percorridos por un 14,5% e un 89% máis de peregrinos, respectivamente. O Camiño Portugués sumou case 68.000 peregrinos, mentres que a súa variante costeira contabilizou preto de 14.000 peregrinos. En conxunto, ambos itinerarios supoñen o 25% do total das Compostelas entregadas.


Cultura e Turismo está destinando 5 millóns de euros a ambas rutas, coa súa sinalización, a rehabilitación dos Ben de Interese Cultural (BIC), reforma e impulso de albergues, seguridade e atención aos peregrinos, ademais de numerosas iniciativas de promoción, difusión e divulgación en ambos países. Traballa, así mesmo, no proxecto Fazer Caminho que aspira ao financiamento do Programa de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal.

Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes