Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Las obras de la nueva estación de autobuses de Vigo comienzan ya este verano : la Xunta se gasta aquí la mayor partida de las destinadas a las estaciones intermodales

O presidente da Xunta participou, esta mañá, no acto de presentación da terminal de autobuses integrada na Estación Intermodal de Vigo 

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe que a Xunta destinará a Vigo a maior das partidas consignadas ás estacións intermodais da comunidade. E, referiuse deste xeito ao investimento de case 16 millóns de euros para levar a cabo o vindeiro verán as obras da nova estacións de autobuses intermodal de Vigo, que formará parte do gran complexo intermodal que vai tomando forma en Urzáiz: cunha estación do AVE, cunha terminal de autobuses; cun gran centro comercial e cuns accesos que son, ademais, unha nova porta de entrada e saída á cidade. 
Durante a presentación do proxecto, o responsable do Executivo autonómico afirmou que esta obra conta cun triplo obxectivo: mellorar o aspecto dun espazo urbano amplo e central; mellorar a organización do tráfico; e mellorar o acceso ao transporte público para, desa forma, achegar os servizos e os centros de actividade, a máis de medio millón de persoas. “Con esta iniciativa, queremos contribuír a  abrir unha nova etapa de máis calidade de vida, máis oportunidades e máis progreso para esta gran realidade metropolitana que ten aquí, en Vigo, o seu centro de gravidade”, aseverou.

Logo de destacar que a estación intermodal é, tamén, un exemplo de referencia na colaboración  institucional, Feijóo lembrou que non tería sido posible chegar ata onde estamos sen o compromiso incuestionable da Xunta, referíndose ao impulso da lei autonómica que fixo posible que este proxecto non permanecese bloqueado, ante a anulación xudicial do PXOM, ao permitir conceder licenza a aquelas actuacións que acreditan un especial interese público ou unha urxencia que impide agardar por un novo plan xeral.
“Como fixemos antes coas necesarias ampliacións de Citröen e de Ifevi, tramitamos tamén na administración autonómica o gran complexo de Urzáiz, ao que o Consello da Xunta lle deu o seu visto e prace definitivo o pasado 4 de outubro”, abundou, incidindo en que esa decisión foi a chave que abriu, por fin, a porta da transformación en realidade da estación intermodal de Vigo.

Feijóo sinalou que a nova estación de autobuses contará cunha ubicación máis céntrica que a actual instalación da avenida de Madrid; cunha estética coidada e coordinada coa do edificio de Thom Mayne; dimensionada para que operen 500 expedicións diarias; e, con capacidade para proporcionarlle un acceso máis áxil, cómodo e seguro a máis de 2 millóns de pasaxeiros cada ano. “E, ademais, executaremos e financiaremos os accesos”, confirmou, precisando que a Xunta, xunto co Ministerio de Fomento e o Concello, acometerán unha importante mellora na ordenación urbana da zona que dotará o complexo de Urzáiz de plena funcionalidade.
Ao longo do acto, o presidente do Executivo autonómico garantiu o compromiso de seguir traballando a prol da gran transformación do transporte público e a mobilidade de Galicia, situando Vigo no centro dese obxectivo. E, como proba disto, destacou a mellora da rede de transporte público: coa aprobación hai só uns días no Consello dun investimento de 1,3 millóns para renovar o funcionamento do transporte metropolitano, na área de Vigo. Ou a reordenación integral das liñas, que se culminará este ano para proporcionar aos cidadáns un sistema de transporte colectivo, máis útil, máis atractivo e máis adaptado ás súas necesidades reais.
Así mesmo, e en relación á rede de estradas, destaca a construción da autovía do Morrazo, que, con dous treitos xa en servizo, estará rematada antes do verán. 

“Pedimos que o Goberno central non esqueza o compromiso asumido dunha nova autovía entre Vigo e O Porriño. E traballamos, tamén, para aproveitar ao máximo a oportunidade que supón a tren de alta velocidade”, engadiu, ao tempo que insistiu no necesario compromiso “concreto e real” da Administración do Estado coa Variante de Cerdedo e coa saída Sur, para facer de Vigo unha auténtica estación pasante, clave para apuntalar as relacións estratéxicas de Galicia coa Meseta e co Norte de Portugal.



Ad Code

Responsive Advertisement