Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

La Xunta anuncia que seguirá haciendo inversiones para disponer de una mayor infraestructura y mejorar más los servicios portuarios

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, destacou hoxe que o Executivo galego mantén o seu compromiso inversor no eido portuario co obxectivo de contar cunha maior estrutura e máis e mellores servizos nos peiraos galegos. Esta aposta, salientou, supuxo destinar un orzamento total de 186 millóns de euros entre os anos 2009 e 2018 e vaise reforzar no presente exercicio dados os resultados acadados. 

A titular de Mar explicou durante a inauguración da xornada técnica Portos de Galicia, oportunidades de futuro que estes investimentos permitiron mellorar tanto os tráficos pesqueiros e comerciais como os náutico-recreativos nos peiraos galegos. “Desde 2009 os datos dos tráficos de mercadorías medraron un 60%, acadando un movemento próximo aos 1,8 millóns de toneladas en 2018. Mentres, no eido da náutica recreativa o crecemento foi do 5% en 2018, acadándose por primeira vez os 10.000 tránsitos anuais”, detallou Rosa Quintana na apertura desta xornada organizada conxuntamente polo Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canais e Portos de Galicia e o ente público autonómico Portos de Galicia.

Rosa Quintana sinalou que este ano “a Xunta reforza a súa aposta e a contía dedicada ás infraestruturas portuarias con dous programas de investimento, un para instalacións pesqueiras, cun aumento dos fondos do 20%, e outro para infraestruturas portuarias, cun 12% máis de orzamento que en 2018, ata superar os 14,5 millóns de euros”.

A conselleira do Mar tamén lembrou a importancia da actividade portuaria para os cidadáns das vilas e cidades de Galicia que contan con algún dos 122 peiraos de titularidade autonómica e cinco de interese do Estado que hai repartidos por todo o litoral galego, un feito polo que, subliñou, a Xunta mantén o seu compromiso de traballar en favor do crecemento e mellora destas infraestruturas. “Os portos poden converterse en verdadeiras cidades que xestionan por si mesmas unha considerable cantidade de recursos naturais, residuos, enerxía ou auga. É por iso que introducir melloras nas tecnoloxías de dotación das instalacións portuarias é unha constante da Consellería do Mar”, destacou Rosa Quintana.

A responsable da política pesqueira e portuaria de Galicia asegurou ademais que o obxectivo do Executivo galego é buscar o beneficio mutuo entre os portos e os seus usuarios e as cidades e os seus veciños como espazos de xeración de vida económica e social. “O noso sistema portuario é unha fiestra ao mundo. Unha fiestra desde a que miramos a Europa coa confianza de estar construíndo a Europa que queremos. Sigamos traballando a prol do desenvolvemento social, económico e ambiental de Galicia porque, como di o título desta xornada, os portos de Galicia son futuro”, remarcou a titular de Mar.
Por ese motivo, Rosa Quintana animou a todos os presentes a debater e analizar a fondo os obxectivos do encontro: a busca de medidas para mellorar os servizos que prestan os portos galegos e o impulso para lograr a súa modernización e crecemento sustentable. 






Ad Code

Responsive Advertisement