Feijóo predica el evangelio turístico en los Estados Unidos. "Queremos que Galicia se coñeza nas rutas cara á Europa e que as autoridades e os operadores de Miami coñezan as posibilidades que ofrecemos con contactos estables e fiables”

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo hoxe unha intensa xornada de traballo marcada pola visita ao Porto de Miami (Estados Unidos), onde presentou as oportunidades que Galicia ofrece en turismo e construción naval; e, posteriormente,  polo encontro con empresas relacionadas co contract, co obxectivo de que o sector galego siga sendo unha referencia internacional, con presenza nos principais proxectos de todo o mundo.
A primeira hora da mañá, o titular do Executivo autonómico visitou, xunto ao clúster do turismo e as Autoridades Portuarias de A Coruña, Ferrol e Vigo a terminal de colectores e a terminal de cruceiros para, logo, celebrar unha xuntanza coas principais compañías de cruceiros no condado de Miami.
Durante a visita, Feijóo destacou o obxectivo do plan estratéxico do que é un dos portos máis importantes do mundo, que aspira a alcanzar os 10 millóns de pasaxeiros en cruceiros, e aumentar o número e tamaño das zonas de atraque. “Estamos a falar do maior porto de cruceiros do mundo”, dixo, aseverando que, desde todos os puntos de vista, o Porto de Miami é un socio privilexiado para Galicia. 
Ao respecto, aproveitou a xuntanza para agradecer o interese amosado nesta visita por coñecer o potencial da Comunidade neste ámbito e poñer en valor a Galicia como escala de referencia na costa atlántica. 
“En definitiva, queremos que Galicia se coñeza nas rutas cara á Europa e que as autoridades portuarias, autoridades políticas e os operadores de Miami coñezan as posibilidades que ofrece a Comunidade de cara á establecer contactos estables e fiables”, precisou.
Así mesmo, Feijóo transmitiu a capacidade de Galicia para dar resposta á necesidade de construción de cruceiros nos vindeiros anos, xa que a demanda de cruceiros aumenta cada ano, con crecementos acumulados superiores ao 50% nos últimos dez anos e baixo a previsión de que ata 2027 entren en funcionamento máis de 110 novos buques en todo o mundo.
O presidente da Xunta fixo fincapé en que esta demanda é unha oportunidade para o naval galego, que xa demostrou cos cruceiros do Ritz Carlton as súas capacidades para desenvolver proxectos. 
Por outra banda, e no ámbito das mercadorías, Feijóo fixo fincapé na situación estratéxica do Porto de Miami, unha das principais portas de entrada de Estados Unidos para os produtos manufacturados de Latinoamérica e do Caribe; e expresou o interese de que Galicia estea presente en novas rutas comerciais.
O contract galego, un sector con gran experiencia internacional
Logo da visita, o titular do Goberno galego, xunto á delegación galega, mantivo unha xuntanza con empresas do sector do contract. 
Ademais de ser líder en innovación, o presidente da Xunta destacou a gran experiencia internacional do sector galego, xa que nalgunha destas empresas o 95% total da súa facturación provén do estranxeiro. E constatou as posibilidades que existen en Miami tanto no ámbito residencial, como no contract hospitalario ou nas cadeas hoteleiras.
Cómpre salientar que o sector galego xa é coñecido en Estados Unidos, onde varias industriais están implantadas.

Feijóo, en el puerto de Miami


Copyright © RÍAS BAIXAS TRIBUNA. Designed by OddThemes