Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Espabila por fin el ORAL (Deputación) y abre una oficina virtual tributaria que buena falta hacía...

A Deputación de Pontevedra vén de poñer en marcha a nova oficina virtual tributaria do ORAL, o servizo provincial de recadación de tributos e ingresos, a través da que calquera persoa pode facer as súas tramitacións en liña, sempre e cando o seu concello teña delegada a súa xestión neste servizo provincial. 
Á nova oficina virtual tributaria do ORAL pode accederse dende calquera sección da páxina Web da Deputación, www.depo.gal, xa que hai dispoñible un acceso directo na cabeceira da Web para poder velo facilmente. No novo espazo virtual, as usuarias e usuarios poden facer todos os trámites: pagar ou domiciliar recibos e liquidacións; presentar solicitudes, recursos e documentación; modificar datos fiscais; realizar autoliquidacións do imposto de vehículos; identificar á persoa condutora nunha sanción de tráfico; subscribirse a unha caixa de correo de notificacións electrónicas ou recibilas por correo e SMS; obter información de obxectos tributarios, expedientes ou embargos; e por último, obter duplicados de recibos. Con todo, a nova oficina virtual irá cambiando e modificándose a medida que se detectan novas necesidades, carencias ou que se vaian reclamando novos servizos, por parte dos concellos ou dos usuarios e usuarias.  Ademais desta nova oficina virtual tributaria, as oficinas físicas do ORAL seguirán estando activas para as persoas que prefiran facer os trámites de xeito presencial. 
O ORAL é o servizo da Deputación encargado de realizar a xestión, inspección e recadación de tributos e outros ingresos de dereito público dos concellos que delegan as súas competencias na institución provincial. Encárgase tamén dos trámites e xestións relacionados coa competencia sancionadora que lle sexa delegada, especialmente no relativo ás multas de tráfico. Os servizos que se ofrecen no ORAL abranguen a información ás persoas contribuíntes, tramitación de expedientes, emisión de documentación, tramitación de expedientes catastrais e asesoramento sobre recursos e comparecencias presentados no Catastro.
Ao ser un servizo centralizado, calquera persoa pode facer un trámite relativo a calquera concello da provincia en calquera das súas 14 oficinas: Pontevedra, Caldas, Cambados, Cangas, A Estrada, Lalín, Moaña, Nigrán, Ponteareas, O Porriño, Sanxenxo, Tui, Vigo e Vilanova de Arousa. Disponse ademais de 9 puntos de atención que funcionan un ou dous días á semana en Arbo, Bueu, A Cañiza, Crecente, Covelo, As Neves, Ponte Caldelas, O Rosal e Tomiño.





Ad Code

Responsive Advertisement