Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Deputación de Pontevedra. Ángel Moldes: “O Revitaliza non funciona, volvemos a ser a provincia galega que máis gasta e a que peores resultados temos”

El año pasado ya le dijeron al mandamás simpatizante del independentismo, Cesáreo Mosquera, que su invento no funcionaba. Este no hizo ni puñetero caso a las denuncias de la Oposición. El bigobierno que rige la Deputación de Pontevedra se caracteriza por su arrogancia política, su sistemàtico desprecio de quienes no comulgan con sus ideas y con su obsesión por determinados planes : como el de llenar la provincia -sus carreteras- de polèmicas chepas, o promover un plan de compostaje que llaman revitaliza y que planeado quien sabe si a salto de mata, está resultando un fiasco según la reiterada denuncia, otra vez más, del diputado Angel Moldes, que ha estudiado el asunto a conciencia...

Ángel Moldes: “O Revitaliza non funciona, volvemos a ser a provincia galega que máis gasta e a que peores resultados temos”
Critica que o Bipartito PSOE-BNG leve gastados máis de 10 millóns de euros e que, paradoxicamente, os dous concellos da provincia que máis reducen os envíos a Sogama sexan Marín e Vilanova de Arousa, que non forman parte del. - /// - Entende que non poden xustificar este gasto nun plan cuxo logro se limita a diminuír unhas poucas toneladas en poucos concellos, circunstancia que tamén se da noutros concellos que non forman parte desta iniciativa.

Angel Moldes
O grupo provincial do Partido Popular denunciou esta mañá que os datos de 2018 do número de residuos que os concellos envían a Sogama volven a demostrar, “un ano máis, o fracaso estrepitoso do Modelo Revitaliza do Bipartito da Deputación de Pontevedra”. Así o manifestou o voceiro do grupo, Ángel Moldes, que criticou que a provincia de Pontevedra “a pesar de ser onde máis se gasta nun modelo de compostaxe, é a peor provincia galega”. Moldes lamentou que a pesar de gastar máis de 10 millóns de euros no Modelo Revitaliza desde a súa posta en funcionamento, as cifras facilitadas por Sogama “son claras”. Na provincia de Pontevedra os envíos a esta planta de reciclaxe aumentaron neste tempo un 2,92%, mentres que na Coruña este incremento foi do 0,54%; en Lugo, do 2,52%; e en Ourense, do 1,28%. “Non pode ser que gastes máis e que teñas peores resultados”, criticou.

“Pontevedra é a peor provincia de todas as galegas e, paradoxicamente, na que máis cartos se gasta e na que máis se presume”. Por iso, Moldes cuestionou como van a xustificar o gasto de 10 millóns de euros no Modelo Revitaliza cando os dous mellores concellos da provincia, nos que máis se reduciu o número de toneladas que se enviaron a Sogama, foron Vilanova de Arousa e Marín, que non están adscritos a este modelo da Deputación. No primeiro caso, a produción de lixo diminuíu en 153,78 toneladas en 2018, mentres que en Marín foi de 101,83.
O voceiro do PP recordou, ademais, que a finais de 2018 a Deputación de Pontevedra “intentou sacar peito” co Modelo Revitaliza aludindo á menor produción de residuos en determinados concellos adscritos, e poñía como exemplo o caso de Vilaboa asegurando que reducira nun 21% os seus desfeitos e, polo tanto, os seus envíos a Sogama. Cos datos oficiais, Moldes explicou que en realidade a redución foi do 4,5%, “unha porcentaxe que posiblemente sexa similar á redución de poboación no último ano”, xa que entregou 2.083,84 toneladas en 2017 e esta cifra baixou a 1.984,46 toneladas en 2018. Se toma a referencia os últimos tres anos, “a redución foi do 8%, moi lonxe do 21% ao que se refería o Goberno provincial”.

“Moito envoltorio, pero poucos resultados. Non poden xustificar o gasto de máis de 10 millóns de euros nun plan cuxo logro, segundo a súa versión, se limita a diminuír unhas poucas toneladas en poucos concellos, circunstancia que tamén se da noutros concellos que non forman parte desta iniciativa”, sinalou.
Unha vez máis, Moldes quixo aclarar que o PP non está en contra da compostaxe, “o que se está fiscalizando e cuestionando é o Modelo Revitaliza, que é algo ben diferente”. Recordou que os obxectivos que marcaron foron reducir os residuos que se enviaban a Sogama, a factura que pagaban os concellos e, polo tanto, tamén a que abonaban os veciños. “Eran os tres piares que se presentaron para apoiar o Plan Revitaliza e o que temos é que se incumpren os tres”.
Outro dos datos que facilitou foi que das 724,27 toneladas de lixo que aumentaron en 2018, o 80% corresponde a concellos do Revitaliza, e o restante a concellos que non forman parte deste plan. No caso da cidade de Pontevedra, a bolsa negra aumentou en 91 toneladas no último ano. 


Ad Code

Responsive Advertisement