Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

O PP pide explicacións a Carmela Silva polo suposto enchufe da súa cuñada, “que está poñendo en cuestión a súa capacidade para seguir ao fronte da Deputación”

Caballero y Silva, sonrientes horas atrás en Fitur,
mientras en Vigo, la jefa de la Oposición les cantaba
las cuarenta...
O grupo provincial do Partido Popular de Pontevedra pediu esta mañá explicacións a Carmela Silva, presidenta da Deputación, “despois do bochornoso xuízo desta semana”, no que se está xulgando o suposto enchufe da cuñada de Silva nunha empresa concesionaria do Concello de Vigo. 

A voceira do grupo, Elena Muñoz, dixo que Carmela Silva está moi interesada en que non se fale deste tema, nin en Vigo nin en Pontevedra, “porque está poñendo en cuestión a súa honorabilidade política e a súa capacidade para seguir ao fronte tanto da tenencia de alcaldía de Vigo como da propia Deputación de Pontevedra”. 

A popular recordou que esta semana estase xulgando ao ex xerente de unha concesionaria de Vigo e a un alto funcionario do Concello de Vigo polo presunto enchufe da cuñada da presidenta da Deputación, “e por iso non quere que se fale nin en Vigo nin en Pontevedra deste xuízo e de todo o que se está descubrindo nel, cuestións que son moi graves e que están cuestionando a Carmela Silva”. 

A voceira referiuse a que o fiscal xa dicía antes de comezar o xuízo, literalmente, que non tiña ningunha dúbida de que se ideou un plan para contratar á cuñada de Silva, vulnerando os principios de libre concorrencia, de transparencia e de publicidade. “A contrataron durante cinco anos e retribuíron e compensaron a esa concesionaria municipal a través contratos menores, que como saben, están exentos de fiscalización e de control, para remunerar ese contrato e soldo, para facer un traballo que tamén se está cuestionando, porque ninguén é capaz de facer tantas enquisas en tan pouco tempo. E pagouse por eses contratos menores case 110.000 euros”.

Para Muñoz, “son cuestións e acusacións moi serias”, e destacou que se neste xuízo non se está xulgando tamén á cuñada de Carmela Silva é porque “o delito prescribiu, non porque non se cometera o delito nin o enchufe”. 

Ademais, sinalou a voceira, “durante o xuízo tamén estamos coñecendo outras cuestións escandalosas e que esixen explicacións por parte da presidenta da Deputación”. Referiuse, por exemplo, a que o ex xerente da empresa declarou no xuízo que non necesitaba contratar á cuñada de Carmela Silva e que a contratou porque alguén do Concello de Vigo llo pediu. “Estas declaracións son moi representativas”, engadiu, e restou credibilidade ás declaracións do funcionario municipal, “un funcionario que continúa desenvolvendo as súas labores como se nada ocorrese no Concello de Vigo, que é militante do PSOE e ao que se acusa de prevaricación continuada, malversación e falsidade documental. E a quen tamén se lle creou unha praza hai meses, anulada polo tribunal de xustiza, para darlle seguridade no Concello de Vigo”.

Pero Muñoz advertiu, ademais, de que “non é o único caso de un familiar directo de Carmela silva que atopa traballo polos círculos polos que ela se move”. Como exemplos, referiuse a que “en Vigo hai un cuñado que a día de hoxe é concelleiro na corporación e tenente de alcalde, pero que comezou como asesor do goberno local, e tamén na Deputación de Pontevedra encontrou traballo como asesora a súa sobriña. Silva vai buscando traballo para a súa familia, utiliza a súa posición e os cargos que ostenta na administración pública para que os seus familiares consigan postos de traballo. Na familia de Carmela Silva non hai paro”.


Muñoz recordou que desde o grupo provincial do PP xa intentaron pedir explicacións a Carmela Silva na Deputación de Pontevedra hai dous anos, pero que o Bipartito o rexeitou vetando unha moción dos populares que presentaron en tempo e forma para debaterse no pleno. “Seguiremos insistindo. Existen sospeitas que nós queremos que nos aclare, sospeitas que cuestionan o que está facendo no exercicio das súas funcións políticas e públicas”.

Ad Code

Responsive Advertisement