Editors Choice

3/recent/post-list

Ad Code

Responsive Advertisement

Recent in Technology

Jefazo de The Ritz-Carlton Yacht Collection dice no descartar la construcción de nuevos cruceros de lujo en Galicia

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, acompañado polo conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, mantivo hoxe un encontro con Doug Prothero, conselleiro delegado de The Ritz-Carlton Yacht Collection, que é a empresa promotora do cruceiro de luxo que está a construír o estaleiro de Barreras, en Vigo. 
Na xuntanza con Doug Prothero, Feijóo abordou as expectativas que este segmento está a abrir para o naval galego que, grazas ao traballo que está a desenvolver Barreras, está posicionándose como unha industria de referencia na construción de cruceiros.
Barreras constrúe neste momento para a cadea hoteleira The Ritz-Carlton, un cruceiro de luxo que é o barco civil máis caro que se construíu ata o de agora nun estaleiro español; cun investimento superior aos 240 millóns de euros, 183 metros de eslora e capacidade para 298 pasaxeiros. Tal e como se falou na xuntanza, a previsión é que estea finalizado a finais deste ano.
Trátase dunha operación que senta un importante precedente para o sector naval galego por tratarse dun segmento no que ata o de agora non adoitaba traballar e que, segundo recoñeceu o presidente, supón unha oportunidade para posicionar a industria galega a nivel internacional, coa posibilidade de que The Ritz-Carlton estudie novos contratos de cara ao futuro.
Europa é líder na construción de cruceiros e Galicia está a demostrar que ten capacidade abonda para situarse na primeira liña deste sector. Así quedou constancia na xuntanza, onde tamén se puxo de relevo o potencial turístico da Comunidade para alzarse como destino de referencia no turismo de cruceiros. Hai que ter en conta que este sector move en Europa máis de 110.000 millóns de euros e máis de 25 millóns de pasaxeiros.
Nese sentido, o presidente da Xunta ofreceu todo o apoio do Goberno galego para impulsar o sector naval e a súa diversificación cara a este mercado en pleno crecemento, polas perspectivas que supón non só en termos industriais, senón tamén turísticas.

Ao longo destes últimos anos, o sector naval galego suma unha carteira de pedidos xa finalizados, en execución ou en estadios finais de negociación que ascende a máis de 3500 millóns de euros. E actualmente abrangue o 42% do total de encargos rexistrados no conxunto de estaleiros españois, 27 de 64 buques.

Ad Code

Responsive Advertisement