1 dic. 2018

Tribuna libre. Si Valle volvera...

Rías Baixas Tribuna, news magazine de actualidad, análisis, divulgación y crítica.

Valle Inclán
Acabo de ler unha obra literaria póstuma do escritor de Vilanova de Arousa "O trono dourado" en cuia portada aparece unha ilustración do inesquecíbel creador Diego Lara, que tamen fora o autor da imaxe orixinal de Arco e un verdadeiro factótum da revista Buades.
Ao escritor de "Luces de Bohemia" foron centos de artistas, daquí e dacolá que o retrataron, falamos de Zuloaga, Picasso, Eduardo Arroyo ou mesmo os mais próximos coñecedores da sua obra, o cambadÉs Lino Silva ou aquel outro pontevedrés, residente en Vilagarcia de Arousa, durante os últimos anos, memorábel Conde Corbal, que decía "es Valle quien me había de guiar la mano", autor entre outras dunha serie completa de tintas que o viaxeiro realizou sobre temas valleinclanistas, unhas e outras recollidas en moitísimos libros, catálogos e cadros.
En meses recentes chegou as mans do que esto escribe, un folleto da Casa do Cuadrante, onde supostamente naceu Don Ramón del Valle-Inclán, en cuio díptico aparece un debuxo firmado por Orive, burgalesa que comezou a pintar e expoñer en diversas salas na provincia de Pontevedra e Norte de Portugal, a realización dalgún que outro cartel nos principios da década dos anos 2000 e integración en colectivas con creadores galegos.

Fora despois de ter un acercamento a plástica a traves de un inolvidable pintor de Pontevedra, mais neste caso representante e musa a xulgar por varias exposicións organizadas na provincia onde ela naceu, Medina de Pomar e Burgos capital, mesmo cadros adicados que lle agallallara en vida naquela altura.
Despois da catástrofe do Prestige cruzou o Miño ata chegar o Porto, cidade lusa na que lle entregaron o primeiro block de dibuxo e ceras de cores para comezar a pintar, moi lonxe daqueles outros trazos que realizara con tizas no encerado da Escola de Cogollos.
Na Rua Santa Catarina plasmou os primeiros diseños, no Mercado do Bolhao, Cafe Majestic e nunha tasca da Ribeira perto do mural a Ribeira Negra de Julio Resende, inolvidable artista que tamen chegou a retratar noutra viaxe a Valbom, antes de integrarse no colectivo "A Cañada do Arte" da que sempre foi presidenta, onde surxiu "Artespantallo", realizado en terras de O Covelo, proxecto recollido nos xornais e outros medios de comunicación de Galicia.
En Vilanova de Arousa xa ten ameazado os paxaros con invadir os eidos con as figuras de palla, entre outras moitas ideas na testa, mais vese que non arrancou por falta do motor que o levou a cabo nas terras do Paradanta .
Donou o Museu Valle-Inclán de Vilanova un retrato do autor de "Luces de bohemia", calando na Alcaldía, non dubidando a Corporacion Municipal en elixilo para reclamo, aquí e acolá da Casa do Cuadrante.
Mais a realidade e que existen innumeros retratos e debuxos de Valle Inclán, recollidos en moitisímos libros, catálogos, cadros como os de Diego Lara que terían moita mais repercusión, aquí e alen mar que o realizado pola oportunista castellana. Xa o decía un alcalde socialista predecesor dela no seu Concello natal de Cogollos "ten afán de protagonismo".
MANUEL ESTÉVEZ

Páginas