2 dic. 2018

Mariscos... que es casi Navidad. Desde este lunes, centolla y buey se capturan en toda Galicia

Rías Baixas Tribuna, news magazine de actualidad, análisis, divulgación y crítica.
BURELA .- A Consellería do Mar abre mañá a campaña extractiva da centola e do boi na provincia de Lugo. Na área que vai dende o cabo Estaca de Bares (na provincia da Coruña) ata o río Eo –incluíndo a ría do Barqueiro-, a frota con porto base nesta zona e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00:00 horas desta madrugada e levar as especies á lonxa mañá luns.
A campaña destes crustáceos na provincia lucense prolongarase ata o inicio da veda do ano 2019, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.
A extracción nas provincias de A Coruña (dende cabo Corrubedo ata cabo Estaca de Bares) e Pontevedra (de cabo Corrubedo á Guarda) comezou xa o pasado 12 de novembro e estenderase tamén ata a data que fixe o Plan de Xestión do próximo ano.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 kg por barco e día, ao cal se engadirán 35 kg/día por cada tripulante enrolado e a bordo. Poderán participar na campaña todas as embarcacións con artes menores e con porto base nesta comunidade así como aquelas que, tendo porto base noutras comunidades autónomas, teñan permisos especiais de pesca para faenar nestas augas.

Páginas