1 dic. 2018

Máis de 1.000 persoas acompañan á candidata e alcaldesa, Nidia Arévalo, no xantar de Nadal do PP de Mos

Rías Baixas Tribuna, news magazine de actualidad, análisis, divulgación y crítica.
MOS.- O presidente autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e 1.100 comensais arrouparon hoxe á alcaldesa e candidata á Alcaldía mosense para maio de 2019 polo Partido Popular, Nidia Arévalo, no xantar de Nadal que se celebrou no Pavillón Óscar Pereiro.

Cada edición deste entrañable encontro navideño, que normalmente consiste nunha cea, reúne a centos de militantes e simpatizantes do PP, pero esta é a primeira vez que se alcanza, e incluso se supera, o milleiro de asistentes.
            Arévalo e o presidente do Comité Local do PP de Mos, Camilo Augusto, agradeceron a tódolos asistentes deste a este xantar de Nadal o esforzo e a colaboración realizados para participar, así como a súa agradable compaña durante a comida.
Durante a súa intervención a rexedora local mosense destacou que “a miña bandeira e o meu principal obxectivo é a defensa de Mos por riba de todo, a entrega total a Mos, por iso aquí estarei cada segundo defendendo ós meus veciños”. Nidia Arévalo declarou que “me presento ás vindeiras eleccións con máis ilusión que nunca porque teño o sentimento de haber cumprido cos veciños e ás veciñas, pero coas mesmas ou máis ganas de seguir traballando para lograr levar a Mos ao máis alto”.

Páginas