8 dic. 2018

El Tiempo. Tres días en que -más bien- podemos guardar el paraguas

He aquí los pronòsticos de los admirados profesionales de METEOGALICIA
DOMINGO - As altas presións comezan a ascender neste día en latitude deixando a Galicia dentro do seu radio de acción. Polo tanto, a mañá estará caracterizada por ceos cubertos en xeral e néboas mestas, abríndase claros progresivamente pola tarde. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de dirección variable.
LUNS - Galicia estará durante o luns baixo influencia anticiclónica transitoria. Con esta situación, agárdase un día de ceos con nubes altas que non impedirán o paso do sol. Bancos de néboa matinais en zonas de interior. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán do sur- sueste, frouxos.
MARTES - A situación meteorolóxica quedará marcada nesta xornada polo achegamento dunha fronte con pouca actividade, asociada a unha baixa localizada ao sur de Islandia. Deste xeito teremos unha mañá con néboas e algunhas nubes baixas na metade oeste; pola tarde estas nubes iranse estendendo a todo o territorio galego, deixando algunhas chuvias de pouca intensidade. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas descenderán. Os ventos soprarán moderados do suroeste pola mañá, tendendo a diminuír a intensidade e cambiar a oeste pola tarde.

Lunes en Galicia

Páginas