2 dic. 2018

Arranca la "semana fantástica" (2 festivos) con un ni fu ni fa en la previsión meteorológica en Galicia

Rías Baixas Tribuna, news magazine de actualidad, análisis, divulgación y crítica.
Veamos los pronósticos para tres días que nos presenta METEOGALICIA. 
Durante o luns estaremos baixo os efectos dunha fronte que se moverá preto de Galicia, polo norte. Con esta situación agárdanse ceos cubertos con chuvias máis intensas durante a mañá e que irán remitindo co avance do día. As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente especialmente no interior mentres que as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán do sudoeste.

MARTES
O martes Galicia queda nunha zona de transición entre o anticiclón situado ao sur da península Ibérica e as baixas presións situadas ao suroeste de Irlanda. Con esta situación, os ceos estarán con intervalos de nubes altas. Co avance da tarde entrarán as nubes baixas pola Costa da Morte e á noite poderanse rexistrar orballos pola franxa atlántica. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará do sur, con intervalos fortes á noite no litoral da provincia da Coruña.

MIÉRCOLES
A pesar de que Galicia queda na influencia das altas presións, unha fronte pouco activa chegará polo Atlántico, deixando unha xornada de ceos cubertos con chuvias máis persistentes na franxa atlántica. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do sudoeste, con intervalos fortes no litoral da provincia da Coruña durante a mañán.

Páginas