9 nov. 2018

Visita del vicepresidente de la Xunta a Perú : Rueda analizará in situ los proyectos de cooperación gallegos

A XUNTA INICIA UNHA VISITA A PERÚ PARA COÑECER DE PRIMEIRA MAN DISTINTOS PROXECTOS DE COOPERACIÓN GALEGA.O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza co ministro da Produción do país andino, Raúl Pérez-Reyes.
LIMA / RBT.  O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, iniciou hoxe unha visita a Perú para coñecer de primeira man varios dos proxectos nos que está traballando a cooperación galega.
O programa comezou hoxe coa reunión entre o vicepresidente da Xunta e o ministro da Produción do país andino, Raúl Pérez-Reyes. Un dos temas que abordaron no encontro foi, precisamente, unha misión de identificación que a cooperación galega está poñendo en marcha, en colaboración coa Fundación CETMAR, Anfaco-Cecopesca, Axuda en Acción e Amigos de Escaes Perú, para unha intervención sectorial de apoio á  pesca artesanal e á acuicultura no departamento de Piura. 
O obxectivo desta iniciativa, da que xa se realizou un primeiro diagnóstico, é acometer unha intervención de carácter integral na Baía de Sechura, tendo en conta factores de organización, produción e ambientais. Esta identificación desenvólvese ao abeiro dun Memorándum de entendemento marco para a cooperación asinado en 2015 entre o Ministerio de Produción de Perú e a Xunta de Galicia.
Durante o día de hoxe o vicepresidente da Xunta reuniuse tamén co embaixador de España en Perú, Ernesto de Zulueta e co persoal no país da oficina técnica de cooperación da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento.

A partir de mañá desprazarase a Cuzco para visitar varios proxectos financiados pola Cooperación Galega e que se centran na mellora da calidade de vida da poboación local a través, fundamentalmente, da posta en valor e mellora da competitividade da produción agropecuaria local.

O programa comezou hoxe coa reunión entre o vicepresidente da Xunta e o ministro da Produción do país andino, Raúl Pérez-Reyes

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate