5 nov. 2018

Valga, Santa Cruz de Ribadulla, Ribadavia, Xinzo de Limia y Meaño se imponen en el XII Certame Galego de Bandas de Música

ROMÁN RODRÍGUEZ CLAUSURA O XII CERTAME GALEGO DE BANDAS DE MÚSICA COA ENTREGA DE PREMIOS ÁS FORMACIÓNS GAÑADORAS 
Baixo a organización da Federación Galega de Bandas de Música Populares e co apoio da Xunta de Galicia, o evento reuniu en Santiago de Compostela durante dous días a preto dun milleiro de instrumentistas de todas as idades. 
O conselleiro de Cultura e Turismo destacou como principal novidade desta edición a incorporación dos intérpretes máis novos.  
Compostela (RBT).-  O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, clausurou hoxe en Santiago de Compostela o XII Certame Galego de Bandas de Música, un encontro que, organizado pola Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) co apoio da Xunta, reuniu durante dous días no Auditorio de Galicia a preto dun milleiro de músicos de 16 formacións procedentes das catro provincias. 
O evento, que este ano incorporou como novidades a participación de bandas de carácter xuvenil e infantil, pechouse coa entrega dos premios do XI Concurso Galego de Composición e do XII Certame Galego de Bandas de Música. Román Rodríguez subliñou a importancia de “incorporar aos máis novos” a esta cita. Neste sentido, unha das principais novidades da presente edición é a inclusión de dúas novas categorías: unha para Bandas Infantís (agrupacións de máis de 25 músicos e até os 14 anos de idade) e outra para Xuvenís (con non máis de 50 músicos e até os 19 anos). 
O titular de Cultura quixo, ademais, felicitar ás 16 formacións participantes no certame, á Federación Galega de Bandas de Música Populares (FGBMP) e ás distintas institucións colaboradoras polo seu traballo e compromiso a prol da celebración deste certame, “impulso e acicate ao traballo de tantas das bandas de música populares que hai na nosa terra”.
Así, as gañadoras desta edición do certame foron :













O xurado estivo integrado polo director de orquestra británico Douglas Bostock; a directora da Banda de Mujeres de la Federación de Sociedades de la Comunidad Valenciana, Mercedes Femenía, e o pianista, compositor e director valenciano Ferren Ferran. Tamén, por primeira vez, outorgouse un premio ao mellor director ou directora do certame grazas á colaboración da Escola Galega de Dirección de Banda, distinción que recaeu en Manuel Villar, da Banda da Música Municipal de Valga, con mención de honra para José Rodríguez, da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.

A competición deu comezo na tarde de onte sábado, coas actuacións das cinco bandas seleccionadas da Sección Terceira (para agrupacións de ata 50 músicos) e as dúas da Sección Xuvenil (para formacións con non máis de 50 compoñentes con idades que non superen os 19 anos). Hoxe ocuparon o escenario as tres escollidas nas Seccións Primeira (con máis de 70 músicos), catro dentro da Sección Segunda (de 51 a 70 instrumentistas) e as dúas da Sección Infantil (colectivos de máis de 25 integrantes que non superen os 14 anos). Tamén se puido escoitar, dentro da Sección Primeira, a portuguesa Sociedade Musical de Previdém (Guimarães), xa que a apertura a formacións de fóra de Galicia é outras das novidades desta edición.

Convenio coa Federación 

Este certame é a actividade central da FGBMP recollida polo convenio de colaboración que cada ano se asina coa Consellería de Cultura a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic). O acordo para 2018 achega 90.000 euros (20.000 máis que en 2017) para a organización deste evento e mais do XI Concurso Galego de Composición para Bandas; e súmase a outras iniciativas desta Federación que tamén contan co apoio da Xunta de Galicia, como o Festival de Bandas Infantís e Xuvenís, que acolle desde o seu nacemento a Cidade da Cultura. 

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate