6 nov. 2018

Senadores del PP quieren defender a los autónomos “da voracidade e o acoso fiscal socialista”.

Os senadores do PP da provincia de Pontevedra apoiarán unha serie de medidas presentadas na Cámara Alta polo Partido Popular para defender aos autónomos “da voracidade e o acoso fiscal socialista”.
Miguel Fidalgo, Marta Lucio e José Crespo votarán a favor da moción do PP para evitar que as novas medidas do Goberno socialista obriguen aos traballadores por conta propia a aumenta-las súas bases de cotización do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).
Afirman que un autónomo que cotiza por unha base mínima pasará a pagar un 12,5% máis o que lle provocará un quebranto económico cifrado  nun incremento de 420 euros máis ao ano.

Pontevedra (RBT) .-  Os senadores pola provincia de Pontevedra, Miguel Fidalgo, Marta Lucio e José Crespo, apoiarán a moción presentada polo Partido Popular para que a Cámara Alta inste ao Goberno a garantir, previo acordo coas organizacións de autónomos máis representativas, que se desvencelle a suba do SMI prevista no acordo de orzamentos asinados con Podemos para o exercizo 2019, respecto da base mínima de cotización do Réxime Especial de Traballadores Autónomos (RETA).

Na mesma moción os populares propoñen aprobar unha cuota reducida para aqueles autónomos cuxos ingresos non excedan do SMI en cómputo anual e manter as tarifas planas así como as bonificacións e reducións na cotización dos traballadores por conta propia, previstas na Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo (RUTA). E tamén, cumprir coa disposición adicional primeira da RUTA relativa á participación dos traballadores autónomos no Consello Económico e Social.

Segundo os senadores populares da provincia de Pontevedra, “a suba das bases de cotización vai ser inasumible pola maioría dos autónomos e así un traballador por conta propia que cotice pola base mínima pasará de 932 euros a 1.050 euros, é dicir, un 12,5% máis. E a cuota mensual que pagan á Seguridade Social subirá de 277 a 312 euros, é dicir, 420 euros máis ao ano. Unha imposición do Goberno que se corresponde coa voracidade e o acoso fiscal da típica administración socialista que fai que empeore a economía e acaben perdendo os traballadores deste país”.

O colectivo de traballadores por conta propia representa en España un número de 3,2 millóns de persoas ocupadas, das cales 211.949 son autónomos galegos e 21.755 están no réxime do mar, o cal dá unha boa idea da importancia e do volume que representa na xeración de emprego no noso país, segundo poñen de manifesto os senadores pola provincia de Pontevedra.


Miguel Fidalgo lembrou que o Goberno do PP aprobou hai un ano a Lei de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo, que supuxo a consolidación da aposta dos populares polos autónomos como “motor da recuperación económica do noso país e, por elo, un dos colectivos aos que o PP no Goberno prestou máis atención e vemos agora como a voracidade recadatoria dun Goberno socialista ven a poñer en serio risco non só a recuperación definitiva da economía dun país senón o modo de vida de moitas familias”.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate