2 nov. 2018

Red de carreteras dependientes de la Xunta ya están preparadas para el invierno con los operativos adecuados

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, visitou hoxe en Ourense un dos 26 centros de conservación e explotación operativos  en Galicia 

O PLAN DE VIALIDADE INVERNAL DA XUNTA DESPREGA 500 PROFESIONAIS, 76 MÁQUINAS E 5.400 TONELADAS DE FUNDENTES PARA GARANTIR A MOBILIDADE E SEGURIDADE NA REDE  DE ESTRADAS AUTONÓMICAS

Ourense (RBT). -  A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, detallou hoxe o dispositivo despregado do Plan de Vialidade Invernal da Xunta para facer fronte aos efectos da climatoloxía adversa nas estradas, que conta con 500 profesionais, 26 centros operativos, 76 máquinas e 5.400 toneladas de fundentes, para garantir a mobilidade e seguridade nos máis de 5.500 km de viais de titularidade autonómica.
Vázquez Mourelle desprazouse hoxe ao centro de conservación e explotación de Ourense coincidindo coa posta en marcha do Plan de Vialidade Invernal no día de onte, data oficial de inicio, aínda que tal e como sinalou o operativo está en marcha desde a fin de semana pasada con motivo das intensas nevadas ocorridas.
Un Plan que segundo indicou estará operativo ata o 30 de abril nas catro provincias, e no que se presta  especial atención aos case 1.000 km de estradas da Xunta que, por altitude, son máis susceptibles de rexistrar incidencias por neve ou xeo.
Lembrou que este Plan recolle un conxunto de medidas preventivas para anticiparse aos problemas que poidan xurdir, e tamén paliativas, para reforzar a seguridade viaria ante situacións meteorolóxicas desfavorables. E referiu que no caso concreto de Ourense o Plan de Vialidade Invernal conta cun dispositivo de 6 centros de conservación e explotación dotadas cos acopios de fundentes, a maquinaria e o persoal preciso para garantir o mellor servizo.
Ethel Vázquez abondou no traballo da Xunta para  garantir a mobilidade en condicións de máxima seguridade a todos aqueles cidadáns que a diario empregan as vías autonómicas para desprazarse ata os seus centros de traballo ou de estudo ou no seu tempo de ocio.

Subliñou os importantes esforzos da Xunta por incrementar a seguridade viaria, como así o demostran os recursos destinados ao mantemento e conservación da rede de estradas de titularidade autonómica, partida que nos Orzamento do ano 2019 medran un 10%, ata os 50 M€, entre a vialidade invernal, a conservación ordinaria ou o Plan de reforzos de firme.

Apelou tamén a conselleira a que, aínda que a Xunta ten os medios preparados para garantir a circulación en condicións de seguridade ante climatoloxía adversa, é necesaria a implicación e a concienciación de todos os cidadáns, porque ningún plan da Administración pode suplir a prudencia, o respecto e a responsabilidade ao volante e incidiu na necesidade de redobrar os esforzos para garantir a seguridade viaria, porque é unha tarefa compartida. 


Neste sentido expresou a preocupación da Xunta polo incremento de accidentes con falecidos no que vai de ano, e avanzou que a próxima semana terase oportunidade de analizalos no marco da Comisión de tráfico e seguridade viaria convocada pola Delegación do Goberno, atendendo a solicitude da Xunta, para xuntos buscar solucións.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate