10 nov. 2018

Presencia de Galicia en la Feria Internacional de Importaciones, en China, refuerza su imagen

O encontro do conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, co vicealcalde de Xangai, Chen Yi, permitiu afianzar os lazos entre Galicia e China, tanto no ámbito económico e comercial como no culturalOs produtos das 14 empresas galegas participantes na misión comercial serviron para amosar a enogastronomía como un dos principais atractivos da Comunidade e potenciar así a Marca Galicia no mercado asiático O apoio da multinacional Bright Food para celebrar o Día de Galicia, cedendo un espazo no seu expositor, contribuíu á promoción dos produtos galegos e do Xacobeo 2021 como un fito que permitirá seguir unindo ambos lugares, tendo en conta que no que vai de ano o número de peregrinos chineses medrou case un 11%Máis de 500 persoas participaron nunha degustación a cargo do Centro Superior de Hostalería de Galicia na que se resaltou a excelencia do sector agroalimentario

Xangai. / RBT.  A presenza de Galicia na Feira Internacional de Importación de China celebrada en Xangai –onde exhibiron os seus produtos 14 empresas galegas ás que o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, acompañou nesta misión comercial– permitiu reforzar a imaxe da comunidade como destino turístico de calidade.

Durante este evento internacional, que acolle máis de 2800 empresas de 130 países e concentra máis de 100.000 compradores profesionais, o conselleiro mantivo un encontro co vicealcalde de Xangai, Chen Yi, que permitiu afianzar os lazos entre Galicia e China, non só no ámbito económico e comercial senón tamén no cultural. Deste xeito, resaltouse unha vez máis o atractivo que para os viaxeiros chineses ten a oferta relacionada coa natureza, o patrimonio, os destinos urbanos e a enogastronomía, así como as rutas de peregrinación.

De feito, o apoio da multinacional chinesa Bright Food –cedendo un espazo no seu expositor desta feira– permitiu celebrar o Día de Galicia na Feira Internacional de Importación de China, contribuíndo así á promoción dos produtos galegos e do Xacobeo 2021 como un fito que permitirá seguir unindo Galicia e China, tendo en conta que no que vai de ano o número de peregrinos chineses medrou case un 11%. Neste sentido, o conselleiro apuntou que en Galicia a industria alimentaria e a gastronomía se dan na man, sendo un dos alicientes do turismo galego.

Durante a feira, os produtos das 14 empresas galegas –Pescanova, Albo, Bodegas Martín Códax, Vinigalicia, Viña Costeira, Lanzal-Galfrío, Galmesano, Mieles Anta, Mejillones Nidal, Feiraco Lácteos, Bodegas Terras Gauda, Grupo Pereira, Grupo Coren e Aceites Abril– serviron para amosar a enogastronomía como un dos principais atractivos turísticos de Galicia e potenciar así a Marca Galicia no mercado asiático. Ao mesmo tempo, os produtos galegos foron os protagonistas dunha degustación que correu a cargo do Centro Superior de Hostelería de Galicia á que estiveron convidadas máis de 500 persoas. 

Neste 2018 celébrase o Ano do Turismo Unión Europea-China, unha oportunidade para Galicia neste importante mercado emerxente, motivo polo que nos últimos meses o Goberno autonómico ten intensificado o seu labor de promoción no país asiático. Entre outras iniciativas, o pasado mes de setembro Galicia reforzou os seus contactos co mercado chinés coa súa participación no II Foro de Turismo España-China (FOTEC), o evento de turismo máis importante entre ambos países que se celebrou tamén na cidade de Xangai. 


A Estratexia do turismo de Galicia 2020 ten entre os seus obxectivos a internacionalización da Comunidade como destino, eido no que a evolución nos últimos anos é moi salientable. De feito, en 2017 os viaxeiros internacionais acadaron un peso do 28,7%, unha cifra récord.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate