12 nov. 2018

Por Cataluña anda la comitiva "made in Mosquera" para ser instruidos por catalanes de confianza sobre movilidad... pero no sobre transporte público que tanta falta hace en Pontevedra

El todopoderoso copresidente de la Deputación de Pontevedra promovió una excursión de responsables municipales de concellos de confianza del bigobierno provincial, hasta tierras catalanas, para ser instruidos allí sobre políticas de persecución del automóvil, aceras más grandes y espacios mayores para los de a pie, etc. etc., lo que ahora se llama por algunos movilidad. A primera vista y tras las fotos recibidas provinentes del abnegado departamento de prensa de la vicepresidencia de la Deputación, sorprende la ausencia del encargado de estos asuntos en el organismo provincial (Uxío Benítez). No sabemos si ha cogido la gripe, estaba indispuesto o... que para torear en Cataluña va al frente del cartel el primer espada : el maestro Mosquera (que de paso mete en el viaje al jefe de la Policía Local y al edil de confianza de "su" Concello de Pontevedra).
El caso es que ahí andan, los de la comitiva "made in Mosquera", recibiendo clases de lo bien que les va en algunos lugares de Cataluña con sus políticas de... Ya podrían, de paso, Mosquera y los otros del ayuntamiento capitalino, aprender algo de las políticas de transporte urbano que en Granollers -que tanto les gusta como ciudad- tienen (ver https://www.transgran.cat). Pero no, eso no les conviene a quienes desde tantos y tantos años tienen a Pontevedra convertida en una aldea, en un cero patatero en materia de transporte urbano. La única capital de provincia de España que no tiene líneas de autobús público... Pero eso sí, andando a pie, que es la solución que proponen estos inventores de la movilidad, los pontevedreses son los españoles que más desgastan las suelas de los zapatos : ¡qué remedio!. - LUIS ARTIME
-----------------
Veamos ahora qué dice la extensa nota de prensa, emitida por los responsables de imagen de la comitiva que encabeza Mosquera. Dice así :


A RECUPERACIÓN DO ESPACIO PÚBLICO, EIXO DAS PROPOSTAS DE MOBILIDADE COÑECIDAS POLA DELEGACIÓN DE CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA EN CATALUÑA 
Os gobernos locais de Granollers, Terrassa e Sabadell aplauden o ‘modelo Pontevedra’ que se está a estender nas Rías Baixas 
“Para nós Pontevedra sempre foi unha referencia. Nós non somos Pontevedra, pero case, e estamos a copiar algúns puntos”
Recuperar o espazo público para as persoas e facer cidades e vilas máis “vivibles” reducindo o uso do coche. Este está a ser o eixo das políticas de Mobilidade dos concellos de Granollers, Terrassa e Sabadell visitados hoxe pola delegación da Deputación de Pontevedra e doce concellos da provincia na viaxe de formación organizada pola institución provincial. Os tres municipios cataláns agradeceron a visita pontevedresa e recoñeceron que unha das súas referencias de base para actuar é o ‘modelo Pontevedra’, que a día de hoxe tamén se está a implantar nas Rías Baixas, e que cualificaron como “unha filosofía de presente e futuro á que deben tender todos os municipios”.
O concello de Granollers foi o primeiro punto de parada da delegación pontevedresa. Alí foron recibidos os alcaldes, alcaldesas, concelleiros e concelleiras e persoal técnico de A Guarda, Cambados, Salceda de Caselas, Silleda, O Grove, Vilaboa, Vilagarcía, Ribadumia, Ponte Caldelas, e Valga. O alcalde Josep Mayoral destacou que para o seu equipo de goberno resultaba “unha honra” que  a Deputación tivera escollido Granollers para coñecer o traballo feito, xa que a cidade de Pontevedra sempre foi unha referencia no ámbito da mobilidade. “Nós non somos Pontevedra. De feito copiamos algunhas cousas e a ver se algún día vos gañamos –bromeou-. O certo é que queremos unha cidade na que se poida vivir, falar, relacionarse… Facilitar a interacción social e a relación da cidade e a súa contorna. Queremos recuperar o espazo público e estamos a traballar no noso segundo Plan de Mobilidade”, apuntou.
Segundo explicaron o alcalde e os concelleiros de Obras e Mobilidade, Albert Camps e Juanma Segovia, nos últimos anos realizouse un gran esforzo de remodelación do centro histórico, co incremento da extensión da ‘illa’ de peóns, e coa mellora integral das zonas de ensanche que rodean ao devandito centro histórico, a segunda coroa urbana, ampliando os espazos verdes urbanos e de paseo e mellorando o deseño, accesibilidade e calidade dos espazos públicos. 
Os concelleiros Camps e Segovia, pola súa banda, insistiron moito aos representantes municipais galegos en que debe haber determinación política para aplicar as medidas de recuperación e mellora das vilas: “As pautas políticas da cidade que queremos non se discuten. O modelo de cidade non se discute, e haino que aplicar tecnicamente con solucións solventes”, subliñaron.

Terrassa e Sabadell
Pola súa parte, no Concello de Terrassa a delegación pontevedresa realizou dende 2003 un esforzo considerable cara a unha mellora da calidade de vida urbana a través da transformación progresiva do espazo público, á vez que se perseguiu modificar os hábitos de residentes ou persoas usuarias cara a unha mobilidade máis sustentable. O tenente de alcalde Marc Amengol sinalou que Terrassa foi o primeiro concello catalán en ter un Plan de Mobilidade Sustentable en Cataluña, cuestión que agora é obrigatoria pola Generalitat.
Pola súa banda, segundo explicou a directora do Servizo de Mobiliade, Susi López, o cambio a positivo das actuacións comprobouse pola tendencia sostida de transformación cara a modas máis aptas para os desprazamentos de curto percorrido (inferiores a 3 quilómetros), que realiza unha boa parte da poboación. O persoal técnico lembrou que Terrassa dispón dunhas condicións óptimas para desenvolver aínda máis estas potencialidades, grazas á orografía, climatoloxía e densidade urbana, e destacou que o obxectivo é reducir un 12% o uso do coche a curto prazo. 
“Fai falta insistir na transformación da rede viaria para que aos poucos vaian gañando proporción aquelas tipoloxías de viario que promocionen os desprazamentos a pé, en bicicleta ou de transporte público, sen esquecer unha rede do vehículo motorizado máis optimizada e eficiente”, aseguraron, tendo claro que para conseguir unha distribución do espazo público é preciso facer un maior esforzo para conseguir mellorar as redes de peóns e bicicletas facéndoas máis comprensibles, seguras e cómodas e espazosas.

Finalmente, a xornada rematou coa asistencia da delegación pontevedresa ao relatorio aberto á cidadanía do vicepresidente César Mosquera en Sabadell, onde xunto co concelleiro Demetrio Gómez e o xefe da policía local de Pontevedra, Daniel Macenlle, falou de ‘A cidade para as persoas’ despois de varias reunións co persoal técnico municipal. (ver http://web.sabadell.cat/actualitat/notis/item/la-ciutat-de-pontevedra-explica-a-sabadell-el-seu-cas-d-exit-de-transformacio-urbana) 



Páginas