10 nov. 2018

Planes de contingencia ante la gripe contemplan medidas para garantizar la actividad asistencial en todo momento

Contemplan a necesidade de habilitación de espazos específicos e de recursos, tanto estruturais como de persoalCada un dos documentos está elaborado por un equipo multidisciplinar de profesionais hospitalarios de cada área sanitariaA Atención Primaria é o primeiro elo da cadea dos niveis de atención, en torno ao que se artella o resto de servizos asistenciaisA principal medida preventiva fronte a gripe é a vacinaciónNo que vai de campaña, administrouse a vacina antigripal a un total de 290.396 persoas
Compostela. / RBT. - O Servizo Galego de Saúde conta en cada unha das Xerencias sanitarias con plans de continxencia fronte ás descompensacións cardiorrespiratorias que se poden derivar dos cadros catarrais ou gripais nos meses de inverno para avaliar. Estes plan, elaborados por un equipo multidisciplinar de profesionais hospitalarios de cada área sanitaria, buscan dar resposta ás situacións de incremento da demanda asistencial ou a un aumento da necesidade de ingreso hospitalario motivado por un abrocho de gripe. Neste senso, todas e cada unha das EOXIS actualizaron e elaboraron os devanditos documentos e, en función dos mesmos, teñen xa previstas as actuacións necesarias en caso de incremento da demanda asistencial.
O obxectivo dos respectivos Plans de continxencia fronte á gripe é garantir a adecuada organización de medios e atención asistencial nos diferentes dispositivos sanitarios da rede pública galega para afrontar a posible carga asistencial. Neles, descríbense os procedementos alternativos ao orden habitual da organización co fin de permitir ao máximo o normal funcionamento, contemplando a necesidade de habilitación de espazos específicos e de recursos tanto estruturais como de persoal segundo vaian crecendo as necesidades asistenciais.
Estes plans contemplan tres aspectos claves: medidas preventivas, para limitar a posible incidencia de casos, o que pasa pola vacinación tanto da poboación diana como daqueles grupos profesionais de especial impacto (profesionais sanitarios e coidadores);  medidas de actuación ante o incremento da demanda de hospitalización, e reforzo de persoal.
Na a elaboración dos plans de continxencia participan os diferentes servizos hospitalarios que posteriormente terán as súas actuacións específicas e, ademais, os documentos, están firmados por todos os responsables destes servizos de cada área sanitaria (Servizos de Urxencias, Microbioloxía, Laboratorio de análises clínicos, Servizo de Medicina Preventiva, Servizo de Admisión, Medicina Interna, Cardioloxía e Neumoloxía).
Dende o Sergas lémbrase á poboación que se faga un uso responsable dos servizos de urxencias hospitalarias. E neste, senso, os plans de continxencia recollen que o primeiro elo da cadea de niveis da atención á gripe son os dispositivos de Atención Primaria e os PACS, blindando as Urxencias hospitalarias para a atención aos casos de maior gravidade. Cómpre subliñar que nas urxencias de Atención Primaria (PAC) resólvense o 93% dos casos, e só un 7% se derivan ao hospital.
Calquera persoa ante calquera síntoma de gripe debe acudir ao centro de saúde, consultar os seu médico de cabeceira ou ben chamar ao 061.

A vacinación, a mellor protección
Dende o departamento autonómico reitérase que a mellor forma de protexerse fronte a gripe e evitar as complicacións asociadas á mesma é a vacinación. De momento, no que vai de campaña, administrouse a vacina a un total de 290.396 persoas, 20.426 persoas máis que no mesmo período do ano anterior.

A Consellería de Sanidade oferta a vacinación a todas as persoas de 60 ou máis anos e aos menores desa idade pertencentes aos grupos de risco (con patoloxías crónicas cardíacas, respiratorias, renais, endocrinas..., con cancro ou outras inmunodeficiencias, con obesidade mórbida, con disfunción cognitiva...). Tamén entran nos grupos de risco os que conviven con persoas maiores antes mencionadas, o persoal sanitario e os traballadores esenciais para a comunidade.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate