2 nov. 2018

Miles de parados se beneficiarán de los programas integrados de empleo que promueve la Xunta

UN TOTAL DE 4.800 PERSOAS DESEMPREGADAS RECIBIRÁN ASESORAMENTO, FORMACIÓN E PRÁCTICAS A TRAVÉS DOS PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO IMPULSADOS POLA XUNTA

COMPOSTELA. (RBT). O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, visitou hoxe o programa integrado de emprego do Carballiño, Carbaemprega 2017, unha iniciativa na que colaboran o Concello e a Xunta e na que preto da metade dos 85 participantes conseguiron xa encontrar traballo. Segundo salientou Conde, iniciativas como a desenvolta no municipio ourensán teñen por obxectivo incrementar as oportunidades laborais das persoas desempregadas a través de actuacións que buscan a especialización grazas á posibilidade de combinar orientación e asesoramento con formación e prácticas.

En concreto, os participantes en Carbaemprega adquiriron coñecementos de soldadura, operacións básicas de restaurante e bar, atención sociosanitaria, manipulador de alimentos e operador de carretilla elevadora, eidos que, tal e como fixo fincapé o conselleiro, trataron de adaptarse ás demandas laborais da zona para lograr un maior grao de inserción. Durante a visita, o conselleiro anunciou que se lle dará continuidade a esta iniciativa cun novo programa integrado de emprego no Carballiño, que chegará a un cento de veciños e alcanzará, cando menos, un 45% de inserción.

No conxunto de Galicia, a Xunta vai desenvolver nesta nova convocatoria un total de 48 programas integrados que, cun investimento próximo aos 11 millóns de euros, chegarán a 4.800 desempregados. Así, coa participación de 58 concellos e 24 entidades, a Xunta sigue apostando pola colaboración para dar novas oportunidades laborais á cidadanía.

O conselleiro agradeceu a implicación do Concello do Carballiño, que forma parte dos 106 concellos emprendedores cos que conta Galicia, un distintivo que demostra o compromiso dos municipios para favorecer a captación de novos investimentos, e que lles permite ter prioridade en ordes de axuda como a dos propios programas integrados de emprego.


Francisco Conde apuntou que é necesario deseñar programas formativos que se axusten á realidade económica e social de Galicia, o que se está a favorecer a través de iniciativas impulsadas pola Xunta como os cursos de formación para desempregados, a formación á porta ou os obradoiros duais, que se activaron este ano por primeira vez. Unhas actuacións que están contribuíndo á hora de consolidar a recuperación no terreo laboral, e que fan posible que Galicia conte cunha taxa de paro do 12,24%, o que supón 2,25 puntos menos que hai un ano. Para seguir avanzando neste camiño, o ano que vén a Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 145 millóns de euros á formación.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate