5 nov. 2018

Medio Rural refuerza su colaboración en favor del sector de plantas y flores de Tomiño

MEDIO RURAL REFORZA A SÚA COLABORACIÓN CO CONCELLO DE TOMIÑO A PROL DO SEU SECTOR DE PLANTA ORNAMENTAL
O conselleiro José González recibiu á alcaldesa deste municipio pontevedrés para analizar as necesidades do seu agro e lembrou que a Xunta destina este ano catro millóns de euros en axudas para as producións vexetais. 
Ambos abordaron ademais a mellora de camiños de titularidade municipal, para o que a consellería achega a Tomiño preto de 60.000 euros dentro do último reparto de axudas do plan correspondente.
Compostela (RBT) - O conselleiro do Medio Rural, José González, reuniuse este mediodía en San Caetano coa alcaldesa de Tomiño, Sandra González. A xuntanza centrouse en analizar as necesidades e problemas do rural neste concello pontevedrés, con especial atención ao sector da planta ornamental, que ten unha gran importancia neste concello.
Así, o titular de Medio Rural reiterou o apoio do seu departamento a este tipo de cultivos e destacou que Tomiño conta con máis de vinte instalacións de viveiros, cunha actividade principalmente centrada en froiteiras e rosáceas, frondosas, coníferas e ornamentos florais. Neste sentido, José González lembrou que Medio Rural destina este ano catro millóns de euros a unha liña de axudas específica para os produtos vexetais (incluíndo horta e planta ornamental), de xeito que non teñan que competir con outros sectores máis potentes en Galicia como o lácteo ou cárnico.
O conselleiro explicou ademais que o sector da planta ornamental conta en Galicia con arredor de 130 viveiros, dos cales a maior parte (máis do 75%) se sitúan nas provincias da Coruña e Pontevedra. A superficie de cultivo na nosa comunidade é aproximadamente dunhas 900 hectáreas, cunha media de 7 ha por viveiro.
Na reunión abordouse tamén a importancia deste sector e o interese das diferentes administracións públicas –neste caso a Xunta e o Concello– por impulsalo, coa finalidade, entre outros obxectivos, de mobilizar terras de aptitude agraria e loitar contra o abandono do rural, poñendo en valor fundamentalmente zonas de reestruturación parcelaria.
Camiños municipais

Xunto con estes asuntos, o conselleiro e alcaldesa avaliaron tamén outros temas de interese para os veciños de Tomiño, como son a mellora de camiños municipais e outras infraestruturas rurais. Neste sentido, José González lembrou que a este concello lle corresponden preto de 60.000 euros dentro do último reparto de axudas do Plan de mellora de vieiros da consellería. Estes fondos destinaranse a poñer en valor os camiños municipais en Goián, Santa María de Tebra, Barrantes, Tomiño e Piñeiro.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate