3 nov. 2018

Medio Ambiente y Municipios refuerzan su pacto en materia de fauna silvestre y cambio climático

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e o presidente da Fegamp mantiveron o primeiro encontro de traballo, desde que Vázquez Mejuto asumiu as competencias de medio ambiente, ordenación do territorio e vivenda. 
Salienta o papel dos concellos na loita contra o cambio climático e invita ás administracións locais a sumarse ao Pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía, para poñer en marcha plans específicos que sumen na carreira de acadar os obxectivos europeos para o ano 2020 en materia de clima e enerxía. 
Recorda que o Goberno galego é conscinte da preocupación e problemas que a fauna silvestre está a provocar, polo que en 2019 se habilitarán axudas por un importe de 1,4 millóns de euros para compesar os danos causados.  
Compostela. (RBT).- A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, e o presidente da Fegamp, Alfredo García, mantiveron o primeiro encontro institucional, desde que Vázquez Mejuto asumiu novas responsabilidades no actual Goberno da Xunta; onde manifestaron a súa total consonancia para reforzar e manter a colaboración en materia de cambio climático e de fauna silvestre.
Ángeles Vázquez tamén lle trasladou que un dos eixes para o presente e o futuro do Goberno galego é a loita contra o cambio climático. Salientou que a premisa “Pensa global, actúa en local” é un bo resumo do papel que xogan os concellos no reto de mitigar os efectos deste fenónemo; polo que invitounos a participar e a continuar con esta liña de traballo, para poder desenvolver en Galicia máis medidas que nunca contra este fenómeno mundial.
Neste sentido, recordou que a Estratexia de Cambio Climático e Enerxía 2050 será o documento que guiará a actuación da Xunta e unha das ferramentas coas que se contará será o Pacto dos alcaldes para o Clima e a Enerxía, ao que se destinará un investimento de 300.000 euros, co obxectivo de axudar aos concellos a poñer en marcha plans específicos que sumen na carreira de acadar os obxectivos europeos para o ano 2020 en materia de clima e enerxía.
Xestión da fauna silvestre

Ambos representantes coincidiron en que os danos provocados pola fauna silvestre son unha preocupación e un problema do que o Goberno galego é “completamente consciente”. Así, nos orzamantos de 2019 habilitarase unha partida de 1,4 millóns de euros que permitirá sacar unha nova liña de axudas por danos causados polo xabaril (dotada con 800.000 euros) e polo lobo (350.000 euros); así como outra orde de prevención dos danos provocados pola fauna silvestre (dotada con 300.000 euros).

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate