9 nov. 2018

Loas del presidente de la Xunta al colectivo de funcionarios en el XXV aniversario de la promoción de 1993

O titular do Goberno galego participou no acto do XXV aniversario da promoción de 1993 de funcionarios do Corpo Superior da Xunta de Galicia. FEIJÓO ENXALZA O TRABALLO DOS EMPREGADOS PÚBLICOS, PEZA CLAVE NA ESTRUTURA, VERTEBRACIÓN E CRECEMENTO ORDENADO DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA E DA GALICIA ACTUAL. 
Salienta o seu labor diario para achegar a Administración aos administrados e recorda que detrás dos proxectos de lei, decretos, normativas ou regulacións está o estudo, o traballo e as conclusións dos empregados públicos .
Agradece o esforzo económico feito nos momentos de maior crise; “un gran esforzo que valoramos”, di, reiterando o compromiso de estender os incrementos retributivos en educación e en sanidade á administración xeral da comunidade para os próximos anos 2019-2021.
Resalta as ofertas de emprego público comprometidas e que xa se están a desenvolver, case 15.000 prazas entre 2017 e 2020.
Compostela / RBT / O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo,  enxalzou hoxe, durante o acto do XXV aniversario da promoción de 1993 de funcionarios do Corpo Superior da Xunta, o traballo dos empregados públicos, “peza clave na estrutura, vertebración e crecemento ordenado da Administración autonómica e da Galicia actual”; en definitiva, peza clave na construción e a consolidación da nosa autonomía. 
Ao longo da súa intervención, Feijóo salientou o seu labor diario para achegar a Administración aos administrados e recordou que detrás dos proxectos de lei, decretos, normativas ou regulacións está o estudo, o traballo, as conclusións dos empregados públicos que lle dedicaron a súa formación e o seu tempo para darlles forma e facelos realidade.
Así mesmo, agradeceu o esforzo económico feito nos momentos de maior crise; “un gran esforzo que valoramos”, dixo, reiterando o compromiso de estender os incrementos retributivos en educación e en sanidade á administración xeral da comunidade autónoma para os próximos anos 2019-2021.

O presidente do Executivo galego referiuse tamén ás ofertas de emprego público comprometidas e que xa se están a desenvolver, case 15.000 prazas entre 2017 e 2020, de xeito que haberá máis estabilidade ao cumprir o plan de estabilidade firmado cos sindicatos para reducir a taxa de temporalidade ao contorno do 7%. “E esperamos poder firmar un sistema de carreira profesional similar ao da sanidade", engadiu.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate