9 nov. 2018

Líneas generales del Plan de Transporte Público de Galicia se aprobarán este mes

O titular do Goberno galego presidiu esta mañá o acto de inauguración da feira Expobus Iberia Silleda 2018
FEIJÓO AVANZA A APROBACIÓN ESTE MES DAS LIÑAS XERAIS DO PLAN DE TRANSPORTE PÚBLICO DE GALICIA PARA DESEÑAR A REDE DE AUTOBÚS DA VINDEIRA DÉCADA MÁIS ÚTIL, MÁIS EFICIENTE E MÁIS SUSTENTABLE
Expresa a importancia de que este plan se converta nunha oportunidade para a modernización dunha flota de máis de 3000 autobuses.
Lembra que o vindeiro ano 2019 finaliza a vixencia de todas as concesións de transporte regular interurbano da Comunidade.
Asevera que a Xunta seguirá apostando polo diálogo e a cooperación para configurar un sistema de transporte público capaz de responder con eficacia ás necesidades de mobilidade da Galicia, ás portas da terceira década do século XXI.
Salienta a enorme importancia económica deste sector, cuxa facturación anual supera en Galicia os 400 millóns de euros, ocupa a máis de 170 empresas e dá traballo a máis de 4000 persoas.
Silleda / RBT / O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que este mesmo mes de novembro, o Consello da Xunta aprobará as liñas xerais do Plan de transporte público de Galicia, que deseñará a rede de autobús da vindeira década sobre a base dun exhaustivo traballo de campo e dunha análise palmo a palmo da realidade actual territorial da Comunidade, de cara a configurar un transporte público máis útil, máis eficiente e máis sustentable.
Así mesmo, expresou a importancia de que este plan se converta nunha oportunidade para a modernización dunha flota de máis de 3000 autobuses, lembrando que o vindeiro ano 2019 finaliza a vixencia de todas as concesións de transporte regular interurbano da Comunidade. “Queremos que os autocares máis novos, máis novos, máis accesibles e máis confortables sexan os garantes dunha maior demanda e utilización do transporte público.
Consciente do desafío, Feijóo aseverou que a Xunta seguirá apostando polo diálogo e a cooperación para acadar o éxito neste obxectivo e configurar un sistema de transporte público capaz de responder con eficacia ás necesidades de mobilidade da Galicia, ás portas da terceira década do século XXI. 
Unha Galicia que pouco ten que ver coa Galicia de cando se deseñaron as actuais concesións de transporte, moitas delas na metade do século XX, cando non existían moitos dos hospitais, dos parques empresariais e dos centros de ensino que hoxe motivan gran parte das necesidades de desprazamento. “E por iso debemos ordenar e reformular unhas concesións de transporte que obedezan realmente á Galicia urbana que temos, sen descoidar a esencia do pobo galego, que segue sendo a Galicia rural, das vilas e dos lugares”, abundou, recordando que para iso “contamos co aval de experiencia que iniciamos hai máis dun ano das novas modalidades de prestacións de servizos: o autobús compartido e baixo demanda”.  
Durante a inauguración da feira Expobus Iberia Silleda 2018, Feijóo destacou a enorme importancia económica deste sector, cuxa facturación anual supera en Galicia os 400 millóns de euros, ocupa a máis de 170 empresas e dá traballo a máis de 4000 persoas.
O titular do Executivo autonómico concluíu destacando a importancia da celebración desta feira que con 46 expositores e coa participación de 100 firmas procedentes de 13 países, se converte nun escaparate único sobre o presente e o futuro do transporte de viaxeiros desde unha ampla perspectiva.
LXX Aniversario do Grupo Castrosua
Na visita á feira, O presidente da Xunta, participou tamén no acto de celebración do LXX aniversario do Grupo Castrosua, onde resaltou a longa traxectoria do Grupo Castrosua e a súa aposta por seguir avanzando pola senda da innovación e a renovación constante. 
Durante a celebración, Feijóo aseverou que estes setenta anos conforman a historia do éxito dunha mestura equilibrada de tradición e modernidade, destacando a figura de José Castro Suárez que consagrou a súa vida profesional á optimización do transporte de pasaxeiros mediante solucións singulares e pioneiras como a aposta pola plataforma baixa que fixo os autobuses urbanos máis accesibles ou a recente presentación dun novo autobús híbrido. 


Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate