15 nov. 2018

La Xunta da luz verde al reconocimiento de los títulos de la Escola de Cantería de la Deputación

A Deputación de Pontevedra valorou positivamente hoxe a decisión da Xunta de Galicia que manifestou ao alumnado da Escola de Cantería, segundo trasladaron aos medios de comunicación, a viabilidade de homologar os títulos de cantería como ciclos formativos medios e superior. “A Xunta, dixo a deputada Magallanes, é a única administración competente nesta materia para conseguir que o noso alumnado puidese rematar os estudos na Escola de Cantería cun título oficial baixo o brazo. Agora instamos ao goberno galego a axilizar todo este proceso para que esa homologación sexa unha realidade no vindeiro curso”.


Páginas