16 nov. 2018

La Xunta acondiciona ya la carretera entre Ponteareas y Mondariz

A XUNTA INICIA ESTE SÁBADO A EXECUCIÓN DE OBRAS DE ACONDICIONAMENTO NA ESTRADA PO-254, PONTEAREAS-MONDARIZ.
Esta actuación iniciase en fin de semana para aproveitar as condicións meteorolóxicas favorables, co obxectivo de acurtar os prazos de execución.  
A intervención inclúen traballos de reforzo de firme e reposición de sinalización horizontal en varios treitos da vía ao seu paso polos concellos de Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz
Entre os traballos inclúese o repintado da totalidade desta estrada e o reforzo de firme nos primeiros 500 metros da travesía de Mondariz Balneario. 
As obras permitirán mellorar tres interseccións no treito de vía que percorre termo municipal de Ponteareas, habilitando ademais carrís centrais de espera.  
Estas obras enmárcanse no Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria.  
PONTEAREAS / RBT.  A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade iniciará mañá a execución de obras de acondicionamento na estrada autonómica PO-254, Ponteareas-Mondariz.
Esta actuación adxudicada a Audeca, S.L.U iniciase en fin de semana para aproveitar as condicións meteorolóxicas favorables, co obxectivo de acurtar os prazos iniciais de execución de 2 meses e tentar telas rematadas neste mesmo ano.
A intervención proxectada polo departamento de Infraestruturas da Xunta comprende distintas actuacións que inclúen o reforzo de firme e a reposición de sinalización horizontal  en distintos treitos da estrada PO-254, ao seu paso polos concellos da provincia de Pontevedra, Ponteareas, Mondariz Balneario e Mondariz.
Os traballos obxecto desta actuación, prevén a rehabilitación do firme no treito da estrada PO-254, comprendido, os puntos quilométricos  6+800 e 7+300, que coincide cos primeiros 500 m da travesía de Mondariz Balneario.
As obras incluirán o repintado da totalidade desta estrada, de 9,4 km, aproveitando o mesmo para mellorar tres interseccións no treito da estrada autonómica que percorre o Concello de Ponteareas, habilitando ademais carrís centrais de espera.
En canto aos tres cruces nos que se prevé intervir no termo municipal de Ponteareas,  unha das actuacións acometerase  na intersección que coincide o punto quilométrico 1+180 coa estrada da Deputación, de acceso Ás Eiras e á igrexa de Bugarín. Mellora solicitada este verán pola asociación de veciños desta parroquia..
Tamén se actuará no cruce cuns viais locais da parroquia de Bugarín (A Freixa), no punto quilométrico  1+360, así como na intersección  do punto quilométrico 3+250  coa estrada da Deputación, de acceso a O Oteiro e á igrexa de Prado, no punto quilométrico 3+350.

Estas obras enmárcanse no Plan de reforzos de firme, co obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica e incrementar a seguridade viaria 

Páginas