30 nov. 2018

El Tiempo. Fin de semana con humedades y orballos en Galicia

Rías Baixas Tribuna, news magazine de actualidad, análisis, divulgación y crítica.
Comenzaremos, en esta rentré, por despachar el estado del tiempo, ahora que estrenamos fin de semana. Veamos lo que nuestros admirados amigos de MeteoGalicia aportan a nuestro conocimiento.

VENRES
O venres estaremos nunha situación intermedia entre unha borrasca situada ao norte de Escocia e o anticiclón centrado sobre Lisboa. Así, os ceos estarán cubertos, con nubes máis compactas na metade oeste onde se rexistrarán orballos. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará do suroeste, aumentando en intensidade á noite, con refachos fortes no terzo norte.
SÁBADO
Non se agardan cambios significativos para o sábado, mantendo un réxime de ventos do suroeste que deixarán os ceos máis cubertos no sur e oeste da provincia da Coruña e Rías Baixas onde se rexistrarán orballos e máis claros canto máis ao leste. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste, con refachos moi fortes no terzo norte.
DOMINGO
Unha xornada máis Galicia queda nun réxime de ventos do suroeste que aportarán moita humidade e deixarán temperaturas suaves. Así, os ceos estarán cubertos, con nubes máis compactas no sur e oeste da provincia da Coruña e no litoral de Pontevedra, onde se rexistrarán orballos. As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará forte do suroeste.

Páginas