12 nov. 2018

El Tiempo. Buen inicio de semana en Galicia

Parece que la cosa mejora. Y hasta tenemos este lunes un adelanto de buen tiempo que solo estaba previsto para este martes. Así, el arranque de semana no puede ser mejor en Galicia, tras el fin de semana de cuidado que tuvimos. No hay mal que por bien no venga. Ya veremos en todo caso, pero los pronósticos de MeteoGalicia aquí están, por si tenéis dudas...

LUNES
Hoxe luns temos unha xornada de transición cara á influencia anticiclónica. Así, agárdase unha situación de alternancia de nubes e claros en xeral, con bancos de néboa matinais en comarcas do interior e posibilidade dalgún chuvasco illado e ocasional á tarde no oeste da Comunidade. As temperaturas mínimas sufriron un moderado descenso e as máximas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán de compoñente oeste frouxos.

MARTES
O martes en Galicia comezaremos a entrar na influencia dun anticiclón centrado no interior do continente europeo, con circulación do sur que nos achegará aire seco. Con isto, amenceremos con néboas no interior e nubes de tipo baixo. Pola tarde, os ceos estarán pouco anubrados ou despexados en xeral. As temperaturas mínimas descenderán lixeiramente e as máximas experimentarán un lixeiro ascenso. Os ventos soprarán de compoñente sur frouxos.

MIÉRCOLES
O mércores en Galicia quedaremos baixo a influencia do anticiclón centrado no interior do continente, o que nos achegará circulación do sur. A xornada preséntase con tempo seco e con ceos pouco anubrados ou despexados. As temperaturas experimentarán un moderado ascenso, máis acusado nas máximas. Os ventos soprarán de compoñente sur, frouxos en xeral, e moderados no litoral atlántico e na provincia de Ourense.


Páginas