16 nov. 2018

El polémico MARCO retoma rumbo con la exposición PANTOQUE, de Trigo y Armada

PANTOQUE. RAMÓN TRIGO / EDUARDO ARMADA 

Datas: 
 16 novembro 2018 - 31 marzo 2019
Lugar: 
 Salas de exposición da planta baixa 
Horario: 
 martes a sábados (festivos incluídos) de 11.00 a 14.30 e de 17.00 a 21.00, domingos, de 11.00 a 14.30 
Produción: 
 MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo 
Comisariado: 
 Eduardo Armada Rodríguez  
 Eduardo Berea Cruz  
 Ramón Trigo Alonso 
Pantoque. s. m. Mar. Parte case plana do casco dun barco, que forma o fondo xunto coa quilla.
PANTOQUE é un proxecto creativo multidisciplinar, desenvolvido polo artista plástico Ramón Trigo e o fotógrafo e realizador audiovisual Eduardo Armada.
A idea primixenia de PANTOQUE é a realización dun proxecto artístico de investigación baseado na confluencia de dous modos de narración que parten dunha mesma realidade compartida: explorar coa linguaxe plástica e visual sobre o tanxible, o espazo arquitectónico e o proceso de traballo dun estaleiro. A través da observación da actividade diaria e a relación do ser humano co feito construído e o mar, ambas as dúas linguaxes interrelaciónanse na busca dun lugar común.
O espazo elixido é Astilleros Armada, situado en Bouzas, Vigo, dende os anos vinte, e con case un século de vida tras tres xeracións dunha familia inexorablemente unida ao mar e á historia da cidade. O proxecto parte da experimentación creativa sobre o espazo arquitectónico e o traballo dos operarios no estaleiro. Lugar, Arquitectura, Mar e Factor Humano.
En setembro de 2016, Ramón Trigo traslada o seu taller a Astilleros Armada. Alí, durante doce meses convivirá cos traballadores reinterpretando a actividade do estaleiro peneirada pola súa visión plástica. Ao mesmo tempo Eduardo Armada documenta en vídeo e fotografía toda a acción. O proceso convérteos nun só home. O artista e a súa sombra. Dúas formas visuais de narración onde a pintura suxire e o vídeo e a fotografía documentan.
Tras unha presentación inicial no propio estaleiro, PANTOQUE ábrese ao público o 16 de novembro nos espazos da planta baixa do MARCO. Xunto ás obras en exposición —pintura, debuxo, escultura, fotografía, vídeo—, a mostra inclúe unha intervención de Ramón Trigo nun dos muros. Unha obra en proceso que se prolongará no tempo, con intervencións periódicas por parte do artista, dende a semana inaugural ata a data de clausura.
+ INFO

Documentación / catálogo

Coincidindo coa apertura ao público de PANTOQUE, a Fundación MARCO editou un libro-catálogo con documentación sobre o proxecto, imaxes das obras en exposición, textos de Eduardo Berea, Ramón Trigo e Eduardo Armada, e acceso a material audiovisual que mostra as fases do proceso de creación en Astilleros Armada.

Proxección documental Pantoque

Como actividade paralela e complementaria da exposición, o salón de actos acollerá, en data por determinar, a proxección do documental Pantoque, realizado por Eduardo Armada, que recolle toda a historia e proceso do proxecto dende o seu inicio.

Información e visitas guiadas

O persoal de salas está a disposición dos visitantes para calquera consulta ou información relativa á exposición, ademais das visitas guiadas habituais:
Todos os días ás 18.00
Visitas ‘á carta’ para grupos, previa cita no tel. 986 113900/04

Visitas e obradoiros para escolares

Para grupos de educación Infantil, Secundaria, Bacharelato, e outros centros de formación.
Colabora: Obra Social “la Caixa”
Do 20 novembro 2018 ao 29 marzo 2019
Lugar: salas de exposición e Laboratorio das Artes (1º andar)
Horario: de martes a venres de 11.00 a 13.30 / Previa cita no tel. 986 113900/04

Páginas