6 nov. 2018

Defiende Feijóo una pesca sostenible y rentable mientras apuesta por la formación y conocimiento

O presidente do Goberno galego participou esta mañá na inauguración do VI Congreso de sustentabilidade social e económica do sector pesqueiro
FEIJÓO DEFENDE UNHA PESCA SUSTENTABLE E RENDIBLE E GARANTE O APOIO PARA SEGUIR CONSTRUÍNDO UN SECTOR MÁIS RICO EN FORMACIÓN, EXPERIENCIA E COÑECEMENTO.
Destaca que o investimento da Xunta na formación do sector incrementouse desde 2015 máis dun 30%.
No tocante ás augas do Cantábrico-Noroeste incide na importancia deste caladoiro para a flota galega e resalta que as modificacións realizadas nos últimos anos no plan de xestión permitiron aumentar o seu rendemento. 
En relación aos descartes e á obriga de desembarque avoga por aplicar medidas progresivas baseadas en estudos rigorosos realizados especie a especie, caladoiro a caladoiro e buscando outras alternativas de pesca. 
Convida a seguir traballando para preservar a biodiversidade do medio mariño, recuperar os espazos afectados e garantir que as actividades que se practican no medio mariño sexan compatibles coa súa conservación. 

A Coruña, RBT - O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, defendeu hoxe unha pesca sustentable e rendible e garantiu o apoio para seguir construíndo un sector máis rico en formación, experiencia e coñecemento. 
Durante a inauguración do VI Congreso de sustentabilidade social e económica do sector pesqueiro, Feijóo salientou que o Goberno galego incrementou en máis do 4% os fondos para formación nos últimos orzamentos, o que permitiu alcanzar un 32% de aumento acumulado desde 2015. E o programa operativo do Fondo Europeo Marítimo da Pesca 2014-2020 concede a Galicia sete millóns de euros para formación no sector náutico-pesqueiro.
Ademais desta aposta pola formación, fundamental para garantir a remuda xeracional, o titular do Goberno galego avogou por seguir traballando xuntos para afrontar outros retos e para que as vindeiras xeracións poidan atopar no mar un sector con oportunidades.
Ao respecto, referiuse nun primeiro termo á asignación de cotas nas augas do Cantábrico-Noroeste, cuxas modificacións realizadas nos últimos anos no plan de xestión permitiron aumentar o seu rendemento, incrementándose nun 21% as descargas.
Feijóo incidiu en que este caladoiro é extremadamente importante para a flota galega, xa que o 96% dos buques con porto base en Galicia faenan nestas augas -4.250 barcos de artes menores, arrastreiros, palangreiros e cerqueiros-; e estes barcos son os responsables do 84% das descargas do total da flota galega –o 64% da facturación total en primeira venda-. 
En relación aos descartes e á obriga de desembarque, o responsable autonómico avogou por aplicar medidas progresivas baseadas en estudos rigorosos realizados especie a especie, caladoiro a caladoiro e buscando outras alternativas de pesca. “Contar cunha cantidade de mínimos que mesture as especies que compoñen as pesquerías; ou eliminar cotas en especies que apenas achegan descargas e rendemento pero que, pola contra, poden afogar a nosa actividade”, precisou, facendo fincapé na necesidade de estimar o custo económico da obrigación de desembarque de todas as capturas e facer valer esta estimación nas negociacións dos TACs e cotas para os próximos anos.
Feijóo referiuse tamén ao reto da loita contra a contaminación e, sobre todo, contra o plástico;  un compromiso reflectido en iniciativas como a recuperación do fondo mariño das Illas Atlánticas. É a importancia de seguir crecendo e creando emprego de xeito sustentable, como se pon de manifesto a través do plan de crecemento azul desenvolvido polo Porto de Vigo e recoñecido polas autoridades europeas.
Se ben estas iniciativas amosan que estamos no bo camiño, o presidente da Xunta incidiu en que “aínda non chegamos a meta” e convidou a seguir traballando para preservar a biodiversidade do medio mariño, recuperar os espazos afectados, seguir loitando contra a contaminación, e garantir que as actividades que se practican no medio mariño sexan compatibles coa súa conservación.

  

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate