5 nov. 2018

Datos del Turismo en la provincia de Pontevedra siguen confirmando la tendencia hacia la desestacionalización

Pontevedra / RBT. A presidenta da Deputación de Pontevedra deu a coñecer esta mañá os datos relativos á ocupación hoteleira do pasado mes de outubro e da ponte de novembro. En concreto, a provincia de Pontevedra rexistrou unha ocupación media en establecementos hoteleiros do 54,5% durante o mes de outubro e do 54% durante a ponte. No caso do turismo rural, a porcentaxe foi do 30% en outubro e do 53,10% durante a ponte do 1 de novembro.
Para a presidenta da Deputación, os resultados acadados durante o mes de outubro e a pasada ponte “poñen de manifesto que imos cara a desestacionalización e nos anima a seguir apostando por un turismo máis sustentable, internacionalizador, de calidade e centrado no conxunto do territorio”. Ademais, Silva puxo en valor a importancia dos grandes eventos e das festas de interese turístico como elementos con capacidade para atraer a visitantes fóra de temporada turística alta. Neste eido, a presidenta destacou que a porcentaxe en outubro en establecementos hoteleiros foi do 54,5% pero “algúns fins de semana do mes chegamos ao cheo absoluto, sobre todo os coincidentes coa feira Conxemar e coa Festa do Marisco”. 

No mes de outubro, a comarca do Salnés rexistrou unha ocupación do 57% semellante ao 56% que acadou durante a ponte. Pola súa banda, Pontevedra acadou un 70% de ocupación hoteleira durante outubro e tamén durante o primeiro de novembro. No caso da comarca do Morrazo a porcentaxe foi do 40% en outubro e foi superada en ata dez puntos durante a ponte; Caldas acadou o 94% e un 76% durante a pasada fin de semana; Vigo rexistrou un 75% en outubro e un 60% na ponte de novembro; O Baixo Miño rozou o 35% durante o mes de outubro e unha porcentaxe semellante na pasada ponte; as comarcas do Condado e da Paradanta superaron o 20% durante o mes de outubro e acadaron o 60% na pasada fin de semana e Deza e Terra de Montes rozaron o 45% durante outubro e o 35% durante a ponte.
Pola súa banda, o turismo rural acadou unha ocupación media na provincia durante outubro do 30%,  rexistrando porcentaxes superiores nas comarcas do Condado, A Paradanta, Caldas e O Morrazo.  Na ponte, a porcentaxe nos establecementos rurais superou o 53,1%, chegando a cifras semellantes ás dos establecementos hoteleiros e superar o 73% en zonas do interior como Deza e Terra de Montes.
A presidenta da Deputación tamén explicou que o Castelo de Soutomaior recibiu en outubro a máis de 2.800 persoas e puxo en valor o incremento na porcentaxe de turistas internacionais. Neste eido, Silva destacou que “en outubro recibimos a un 74% de persoas procedentes de España –concretamente de León, Madrid, Navarra, Badaxoz e Guipúzcoa- e un 26% de turistas internacionais, unha porcentaxe que está en alza e trouxo en outubro a persoas desde Alemaña, Portugal, Italia, Reino Unido e Francia”. 
En xeral, e tal e como explicou a presidenta da Deputación, a maioría das persoas visitantes conta con idades comprendidas entre os 35 e 60 anos e se aloxa en hoteis entre 4 e 5 días. Amais, o 52% das persoas que chega ata a provincia fixérono motivadas pola oferta cultural e de ocio.

Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate