3 nov. 2018

Axega e Instituto Tecnológico Gallego colaboran en el desarrollo e innovación para la gestión de las emergencias

A AXEGA E O INSTITUTO TECNOLÓXICO GALEGO COLABORARÁN NO DESENVOLVEMENTO E INNOVACIÓN DE RECURSOS E SISTEMAS PARA A XESTIÓN DAS EMERXENCIAS. O xerente da Axencia Galega de Emerxencias, Marcos Araújo, mantivo un encontro con técnicos do ITG para sentar as bases do novo marco de cooperación cuxo obxectivo é a creación de produtos que contribúan aumentar as posibilidades de éxito en situacións extremas. Como primeira operadora a nivel nacional de drons en servizos de emerxencia, a AXEGA porá ao servizo do Instituto a súa experiencia no uso desta tecnoloxía, así como o material necesario para facer ensaios e probas. 
A ESTRADA (RBT) -  A Axencia Galega de Emerxencias e o Instituto Tecnolóxico Galego (ITG) colaborarán para o desenvolvemento e innovación dos recursos e sistemas para a xestión das emerxencias. Este foi un dos primeiros avances dunha reunión celebrada nas instalacións do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia entre o xerente da AXEGA, Marcos Araújo e a directora da Área de Sensórica e Comunicacións do ITG, Analía López, e o responsable técnico deste departamento, Marco González, na que se sentaron as bases dun novo marco de cooperación para a posta en marcha de proxectos e produtos que contribúan a aumentar as posibilidades de éxito en situacións extremas.
Durante o encontro, Marcos Araújo recordou que a AXEGA foi a primeira entidade a nivel nacional que comezou a usar os drons en servizos de emerxencias, polo que esta experiencia pode ser de moita axuda para o estudo e desenvolvemento de novos sistemas de aplicación na xestión das emerxencias. Deste xeito, comprometeuse a pór aos servizo dos arquitectos e enxeñeiros do Instituto a tecnoloxía e o material necesario para facer as probas e ensaios que certifiquen a funcionalidade dos futuros produtos e proxectos.

Do mesmo xeito, a directora da Área de Sensórica e Comunicacións destacou o traballo realizado no seo do ITG para o desenvolvemento da intelixencia artificial e software aplicable á xestión operativa de drons, de forma que existen importantes sinerxías entre ambos os dous organismos que cómpre aproveitar en beneficio da innovación tecnolóxica nas emerxencias. 



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate