3 nov. 2018

Avanza la reforma de la carretera entre Ponte Caldelas y Laxoso

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, co delegado da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, reuniuse cos representantes da Plataforma da estrada PO-234, da asociación de veciños e da comunidade de montes de Laxoso. 
ETHEL VÁZQUEZ AVANZA QUE A XUNTA APROBARÁ EN NOVEMBRO O DECRETO DE EXPROPIACIÓNS PARA REFORMAR A ESTRADA ENTRE PONTE CALDELAS E LAXOSO E A CONTINUACIÓN LICITARÁ AS OBRAS

A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, reuniuse con representantes da plataforma da estrada PO-234, da asociación de veciños e da comunidade de ontes de Laxoso, aos que lle avanzou a aprobación en novembro do decreto de expropiacións para reformar esta vía entre Ponte Caldelas e Laxoso para, a continuación, licitar as obras, cun investimento duns 650.000 euros.
Vázquez Mourelle, xunto co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís,  subliñou o compromiso do Goberno galego con esta actuación, tal como amosan os Orzamentos de 2019, que prevén o investimento de 2,1 millóns de euros para a mellora desta estrada entre outras actuacións en vías provinciais.
Fixo fincapé en que a vontade do seu departamento é executar o acondicionamento completo desta estrada autonómica que conecta Ponte Caldelas e Augasantas, polo que o vindeiro ano se redactará o proxecto da terceira fase, é dicir, do tramo Laxoso- Portasouto.
O Executivo autonómico mantén unha firme aposta por reforzar a seguridade viaria e por mellorar a mobilidade dos veciños de Pontecaldelas e Cerdedo-Cotobade e dar resposta ao que demandan os cidadáns.
Cómpre lembrar que a Xunta, co obxectivo de avanzar no proxecto, dividiuno en tres fases, iniciando os traballos no tramo situado en Cerdedo-Cotobade, entre Augasantas e Portasouto, que xa está a disposición dos veciños. 
As obras comezaron nesta parte da vía ao dispor o Concello de Cerdedo- Cotobade dos terreos necesarios para a execución das mesmas. Non obstante, no tramo de Ponte Caldelas foi preciso un trámite expropiatorio, que se iniciou coa información pública do proxecto, unha vez que o municipio trasladou a imposibilidade de contar cos terreos.






Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate