10 nov. 2018

11.000 visitantes en un mes : la exposición "Castelao maxistral. A boa obra ao mestre honra" brilla en la Cidade da Cultura

A mostra ‘Castelao maxistral’, que amosa por vez primeira en Galicia este óleo icónico, recibiu en outubro máis de 900 escolares de 16 centros, e ata febreiro outras 70 escolas xa teñen concertadas visitas 
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra actuará o 1 de decembro no Gaiás, nun escenario ornamentado cun dos panos realizados por Castelao, un dos seus membros fundadores
O programa de visitas relatorio ‘Descubrindo o Castelao maxistral’ permite ao público achegarse a esta mostra de man de especialistas
Un concerto da Real Filharmonía de Galicia, un ‘Combate de debuxantes’ e unhas xornadas académicas completan as actividades para arroupar a exposición

Compostela / RBT.  A exposición Castelao maxistral. A boa  obra ao mestre honra ten recibido preto de 11.000 visitantes no seu primeiro mes de apertura, o que a sitúa como a mostra da Cidade da Cultura con máis visitas nos primeiros 30 días. O alto interese por esta mostra, que exhibe por vez primeira en Galicia o icónico lenzo A derradeira leición do mestre, constátase tamén entre a comunidade educativa. Así, no mes de outubro achegáronse ao Museo Gaiás, na Cidade da Cultura de Galicia, máis de 900 escolares, de 16 centros educativos, para participar nas visitas educativas que existen ao redor do proxecto expositivo, e para as que xa están inscritas outras 70 escolas.
A Xunta trouxo este outono por vez primeira a Galicia A derradeira leición do mestre, obra simbólica de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao que nunca antes tiña saído de Buenos Aires, onde foi pintado en 1945 polo artista de Rianxo, en homenaxe ao seu amigo e intelectual asasinado Alexandre Bóveda. Considerada o ‘Guernica galego’, a xenerosidade do Centro Galicia de Buenos Aires permite a súa exhibición temporal no Museo Centro Gaiás ata o 3 de marzo de 2019, como eixe central de Castelao maxistral, exposición coa que a Consellería de Cultura e Turismo pretende pór en valor o importante papel que xogaron na construción do ensino público os mestres e mestras das tres primeiras décadas do século pasado (1900-1936). 

Concerto  da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra
A exposición está arroupada por unha serie de actividades como o concerto da Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra, o sábado 1 de decembro ás 18,30 horas no Museo Centro Gaiás. O egrexio rianxeiro foi cantor, fundador, escenógrafo e presidente da coral pontevedresa e por este motivo a exposición Castelao maxistral vístese con este recital gratuíto –con retirada previa de convite a partir do vindeiro luns, día 12, no Museo Centro Gaiás– no que ademais se poderá apreciar un dos nove panos deseñados polo propio Castelao.
A Sociedade Coral Polifónica de Pontevedra actuou por primeira vez en público o día 9 de abril de 1925 na igrexa conventual de San Francisco de Pontevedra. Daquela, naceu coa intención de reivindicar a brillante tradición musical de Galicia, a mans dun grupo de relevantes personalidades, entre elas Antón Losada Diéguez, Alfonso R. Castelao, Alexandre Bóveda, Antonio Blanco Porto ou Antonio Iglesias Vilarelle. 
Desde aquel momento ata hoxe, a coral suma centos de concertos, moitos deles fóra das nosas fronteiras. O seu repertorio céntrase en música medieval, polifonía dos séculos XVI e XVII, maiormente sacra e madrigais, e música popular harmonizada, sobre todo galega. Ao longo destes máis de 90 anos, a coral foi dirixida por numerosos profesionais: Antonio Blanco Porto, Antonio Iglesias Vilarelle, Manuel Fernández Cayeiro, Agustín Bertomeu Salazar, José Antonio Sánchez Rodríguez, José Verea Montero, Marlene Armentero Cutiño, e desde 2013 por Nanette Sánchez Ordaz. Entre outros galardóns, recibiu a Primeira Medalla de Prata da Cidade de Pontevedra e o Premio Cidade de Pontevedra 2000.

Visitas relatorio
O pasado 10 de outubro puxéronse en marcha as visita-relatorio ‘Descubrindo o Castelao maxistral’, un xeito de coñecer máis polo miúdo, e a través de expertos e especialistas, o ensino e o contexto socio-político da segunda República, á vez que a figura e obra dun dos artistas galegos máis universais da cultura galega como foi Castelao.
As visitas-relatorio arrancaron da man do comisario da exposición, Miguel Anxo Seixas Seoane, e con todas as praza completas. O mesmo éxito rexistrou a celebrada este mércores co catedrático de Historia Contemporánea Lourenzo Fernández Prieto, mentres que a do 14 de novembro, co profesor de Política educativa e da Historia da Educación da USC e presidente da Asociación Española de Historia da Educación, Antón Costa, tamén ten esgotadas as inscricións. 
No entanto, aínda poden sumarse visitantes para a última do 21 de novembro, con Carlos Valle, director do Museo de Pontevedra, institución que atesoura unha importante representación da obra e documentación de Castelao. Todas as sesións son de balde.

Concerto da RFG e Combate de debuxantes
O amplo programa de actividades ao redor da exposición Castelao maxistral conta tamén cun concerto especial da Real Filharmonía de Galicia (RFG) o 17 de xaneiro, no Museo Centro Gaiás. Paul Daniel, o seu director titular, creou para acompañar esta exposición un programa especial, baseado nunha escolma musical na que os asistentes farán un percorrido pola música na súa época e nos diferentes lugares nos que Castelao viviu no exilio. O programa estará composto por obras de Korngold, Quiroga, Milhaud, Stravinsky e Piazzola.

A faciana de Castelao como excelente e prodixioso debuxante tamén será tida en conta nas actividades que arroupan a mostra. Deste xeito, está previsto un ‘Combate de debuxantes’ e tamén unhas xornadas académicas. Todo isto co obxecto de completar unha visión poliédrica dun personaxe tan polifacético como universal e unha das figuras máis destacada da cultura de Galicia.



Share:


ARCHIVO RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Edición 15 de Rías Baixas Tribuna ya está en puertas

La edición 15, edición impresa de RÍAS BAIXAS TRIBUNA está siendo ya elaborada desde este lunes. Temas de máximo interés están en la planill...


LOS MÁS POPULARES EN UN AÑO

RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Buscar en RÍAS BAIXAS TRIBUNA

O noso peixe é de fiar

Empresas y autónomos confian

Empresas y autónomos confian
Gestradoc también obsequia a sus clientes con un ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA

Apuesta por el mejor vino blanco

Galicia, tes que vivila

Galicia, tes que vivila

En Zaragoza, 14 - Vigo

En Zaragoza, 14 - Vigo
recoge aquí tu ejemplar de RÍAS BAIXAS TRIBUNA, obsequio de este establecimiento hasta agotar existencias

Para ir a las islas atlánticas...

Formulario de contacto

Nombre

Correo electrónico *

Mensaje *

Desde el corazón de Galicia

Nuestras ediciones impresas

Nuestras ediciones impresas

Galicia é Calidade

Nuestra última edición impresa

Nuestra última edición impresa

Newsletter

Translate